Skip to Content

Blogue de ies.soutomaior.anpa

Samain orixe e tradicións.

Feliz samaín de IES Soutomaior ANPA

Orixe

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano.

Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e celebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores, tantas veces para render contas inacabadas.

Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes.

Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado.

En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense…etc.

Logo foi cristianizada coma homenaxe ao mundo dos mortos, mais a festividade inicial non se refire a outra cousa máis ca á morte do verán e comezo da época na que cómpre
recollerse, ficar na casa para que os mortos se poidan comunicar cos vivos. Hai unha serie de rituais comúns aos pobos indoeuropeos, que logo foron absorvidos polo
cristianismo. Elimínanse os cultos esotéricos e óptase por rituais de reverencia e respecto á morte (visitas aos camposantos), pero hai unha cultura que subxace… 

O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. É tamén unha tradición presente en numerosas pedanías rurais das comunidades do norte e centro da Península Ibérica: Galiza, Asturias, Aragón, Cantabria, Castela-León, Madrid, Cuenca, Guadalajara..etc.

 

Tradicións e lendas

O ritual celta do Samaín servía para escorrentar almas indesexábeis. Unha das técnicas era expoñer caveiras das cabezas cortadas dos inimigos para liberar a alma dos mesmos: a caveira sempre se considerou sede da alma.

Abonda con lembrarse da lenda dos rapaces que atoparon unha no seu camiño a Santo Andrés de Teixido, e, xogando, levárona canda eles a patadas. Ao chegaren, a caveira agradeceulles moito que a tiveran transportado, pois se non fose deste xeito, a alma que levaba dentro nunca tería feito a romaxe (xa se sabe que a Santo Andrés vai de morto quen non vai de vivo).

Tamén se facía para asustar outras almas que quixeran achegarse. A tradición celta inicial era emborrallar as fachadas das casas e "decoralas" con ósos e caveiras, para evitar visitas fúnebres. Co paso do tempo, aquilo de poñer cabezas de xente nas portas foise suavizando un pouco, e foron substituídas, na Idade Media, por caveiras de animais, e logo por representacións en pedra (as gárgolas). 

E por fin, comezáronse a empregar cabazos, tradición a vixente na Costa da Morte, nas Mariñas e nas Rías Baixas, con especial incidencia en Cedeira, Cangas e Muxía . Foi o mestre Rafael López Loureiro, de Cedeira, quen observou que esta tradición existía até hai unhas décadas, e tamén pervive no norte de Cáceres, arredor da zona na que están situadas as aldeas de fala galega, e aínda en zonas de Zamora e mesmo en Madrid.

En Quiroga, onde a cabaza tallada sécase e consérvase para empregala como máscara no Entroido; en Cedeira fan unha "procesión de ánimas", na que os rapaces da vila desfilan polas rúas disfrazados e portando luces coma se fosen a Santa Compaña, e na zona ártabra (a de maior pegada céltica) hai bastante tradición de celebralo: Ferrol, Narón, as caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira… Tamén atopamos calacús polas Rías Baixas ou colondros en Ourense.

 

Orixe truco ou acordo e as festas de disfraces

Ritos e falcatruadas: en Cedeira prenden fachos e marchar con eles en procesión para facer unha grande fogueira. No Concello da Illa de Arousa os nenos érguense antes de que saia o sol e percorren as rúas e tendas o día 1 de novembro pedindo cunha algarada tradicional: "unha limosniña polos defuntiños que van alá". 

Reciben cartos, laranxas, lápises, boliños de pan e lambetadas. O costume que asociamos coas pelis americanas do "trato ou truco", no que os nenos van pedindo lambonadas, faise aquí dende hai ben tempo, como cando se van cantar os Reis e pedir o aguinaldo.

Hai quen as arma coa excusa da nocturnidade e o caos: esa noite de tránsito, que non pertence nin a un ano nin ao outro, é a propia para facer falcatruadas, como no San Xoán en Poio, no que os rapaces da vila gastan bromas pesadas. Non lonxe, en Xil, una parroquia do Concello de Meaño, os habitantes van en procesión ao cemiterio portando candeas, nun enorme velorio comunal.

Meigallos: do mesmo xeito que as cabazas-caveiras e os ósos escorrentaban ás almas en pena, o feito de disfrazarse de bruxa, ánima ou morto "despístaas", e non veñen pola persoa que estea disfrazada de tal xeito que se confunda con elas.

 

Xa sabemos:

A furar cabazos (que despois xa utilizaremos a polpa en chulas, caldos, e receitas varias), meterlles candeas dentro, esborranchar as caras, vestirse e prepararse para unha noite máxica.

 

Un pouco de divertimento

 

 

Campaña CEAPA - Teu futuro merece un 10

 

EDUGAL Pontevedra 2024

EDUGAL Pontevedra 2024.

#formacionprofesional #educacion #formacion #xuventude #oportunidades #estudar


13º Salón da oferta de educación e formación de Galicia.

Días 9, 10 e 11 de outubro de 2024. Recinto Feiral de Pontevedra.

Punto de encontro de estudantes, profesores, orientadores, pais e nais, responsables de centros educativos e profesionais da educación.

A cita máis importante do ano en educación e formación. Toda a información sobre formación e orientación educativa en Galicia estará presente na feira.


 


 

Actividades paralelas, xornadas técnicas, obradoiros...

Ademáis dos expositores, haberá obradoiros, xornadas técnicas e actividades paralelas durante os tres días da feira.

 

Aquí vos deixamos os horarios, tamén os podedes descargar ao final desta entrada.

 

 

As claves de EDUGAL

1. Dar continuidade á orientación académica e facilitar unha adecuada elección para tomar unha decisión sobre o futuro profesional.

2. Un salón que axuda aos estudantes a decidir eficazmente o seu futuro formativo e profesional

3. A búsqueda dunh maior calidade na formación.

4. Unha ampla oferta de centros educativos e formativos, empresas e entidades que dan resposta ás necesidades de formación do estudante que necesita elexir o centro no que formarse para acceder ao mercado laboral.

Máis información:

https://www.edugal.es/

 

Convocatoria de folga estudiantil para o 2 de outubro.

 

 Como xa se indicou previamente neste inicio de curso xa hai convocadas algunhas folgas de estudantes; a segunda é para o día 2 de outubro e a reivindicación é por unha vivenda digna.

 

O procedemento é semellante o que se fixo pola do pasado venres 27 de setembro: 

 -Cando chega ao correo do centro a comunicación dunha convocatoria de folga simplemente se reenvía ese correo aos representantes de alumnado no Consello Escolar.

- O alumnado de 1º e 2º da ESO non ten recoñecido o dereito á folga.

- Ten recoñecido o dereito á folga o alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato.

 

Procedemento:

Adxunta a esta entrada tedes o documento que se ha de presentar como xustificante, pódese descargar e cubrir para entregar ao titor/a ou deixalo na secretaría do centro

O alumnado que queira acollerse ao seu dereito á folga ten que comunicalo para:

- Confirmar que a súa familia é coñecedora (a maioría son menores de idade).

 - Poder xustificar as faltas dese día.

 

O que se pretende é que o alumnado exerza este dereito responsablemente e de xeito ordenado.

 

 Aquí tedes máis información da convocatoria:

https://pontevedraviva.com/xeral/107393/huelga-estudiantil-pontevedra-vivienda-digna-accesible-segura-para-todas/?lang=es

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2024/09/04/erguer-convoca-2-octubre-huelga-estudiantil-precios-vivienda/00031725469108295328501.htm

https://erguer.gal/gl/

Un saúdo,

 

A Xunta directiva. 

 

Comunicado do centro para a folga de estudiantes do 27 de setembro.

 

 Como no inicio deste curso xa hai convocadas algunhas folgas de estudantes queremos comentarvos o seguinte:

 -Cando nos chega ao correo do centro a comunicación dunha convocatoria de folga simplemente reenviamos ese correo aos representantes de alumnado no Consello Escolar.

- O alumnado de 1º e 2º da ESO non ten recoñecido o dereito á folga.

- Ten recoñecido o dereito á folga o alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato.

 

Procedemento:

Adxunta a esta entrada tedes o documento que se ha de presentar como xustificante, pódese descargar e cubrir para entregar ao titor/a ou deixalo na secretaría do centro

O alumnado que queira acollerse ao seu dereito á folga ten que comunicalo para:

- Confirmar que a súa familia é coñecedora (a maioría son menores de idade).

 - Poder xustificar as faltas dese día.

 

O que se pretende é que o alumnado exerza este dereito responsablemente e de xeito ordenado.

 

 Aquí tedes máis información da convocatoria:

- https://www.pontevedraviva.com/xeral/107189/cgt-pontevedra-palestina-folga-xeral-manifestacion/

- https://www.europapress.es/galicia/noticia-colectivos-pro-palestina-impulsan-concentracion-27-septiembre-praza-do-obradoiro-contra-apartheid-20240918141046.html

- https://www.sindicatodeestudiantes.net

Un saúdo,

 

A Xunta directiva. 

 

Resumo das actividades realizadas no curso 23/24 da ANPA

Estamos de volta!

Arrincamos un ao máis.

Ola familias!,

Benvidos un ano máis ao novo curso escolar no IES Soutomaior. A xunta directiva que formamos actualmente a ANPA, comezamos con ilusión o novo curso, asumindo as tarefas que conlevan o funcionamento desta asociación e traballando polo ben dos nenos e nenas do noso colexio.

Cremos firmemente que os pais debemos ser conscientes de que as familias somos un membro máis da comunidade educativa, xunto cos propios alumnos e os profesores.

Queremos todas as familias acheguen a súa opinión e ideas, para así mellorar a educación dos nosos fillos, que é o que realmente nos interesa.

Entre as nosas tarefas están:

  • Representar ás familias en Consello escolar e comunicar os seus acordos.
  • Mediar cos problemas que xurdan e axudar a resolvelos.
  • Buscar recursos para realizar actividades interesantes para os alumnos.
  • Garantir a participación e reivindicación das familias no centro.
  • Poñer en marcha actividades colectivas en beneficio da comunidade educativa.

Animámosvos a participar e colaborar co AMPA un ano máis en beneficio dos nenos.

Podedes contactar connosco a través do:

 Un saúdo e ata pronto.

 

Arrancamos!!!!

Reel Concurso de IES Soutomaior ANPA

Ampliación prazo concurso do logo.

Ampliamos prazo para o concurso!!!

Bos días familias,

Ampliamos prazo para o concurso!!!

Queda adiado para o día 21 de xuño do 2024.

Esperamos a vosa participación!!!

 

Concurso Presentación tamMovil de IES Soutomaior ANPA

A Xunta directiva.

Charlas para centros e familias de ENAPAS.

CHARLAS PARA CENTROS E FAMILIAS DE ENAPAS. 

O CFR (centro de formación e recursos) en colaboración coas ENAPAS (escolas de nais e pais) organizan unha serie de charlas que vos poden interesar.

Levaranse a cabo en tres localizacións distintas para así facilitar a asistencia as mesmas: Museo Municipal de Marín, no IES de Sanxenxo en Sanxenxo e na Biblioteca Municipal de Lalín. 

As temáticas son as seguintes:

  • Familias: sobreprotexer e desprotexer, da man da periodista e divulgadora Eva Millet.
  • O método para conseguir os teus obxectivos, con Jose Luis Abajo (Pirri), medallista olímpico de esgrima.

A documentación a podedes atopar nos carteis adxuntos, pero calquera dúbida consultado con nos ou co CFR directamente.

Agardamos que sexa do voso interese e podades asistir!

A Xunta directiva.

Distribuir contido


by Dr. Radut