Skip to Content

Formación de Profesorado e outros proxectos (Curso 2023-2024)

 

Todos os plans e programas formativos recóllense neste Boletín Informativo (en actualización constante).

Plan de Formación Permanente de Profesorado

Plan Anual. Curso 2023-2024

a) Formación individual en FProfe.

Xa está dispoñible a inscrición nos cursos na Rede, na plataforma Platega, para o 1º trimestre. A data límite para a inscrición nestas actividades é o 15 de setembro. Podes acceder a Fprofe, aplicar os filtros de busca (forma de participación: Na rede) e inscribirte naquelas actividades que consideres máis axeita das para desenvolver as túas competencias profesionais docentes.

b) PFPP no IES de Soutomaior: PFPP IES DE SOUTOMAIOR 2022/2023

  1. Itinerario 1:
    1. Plan dixital do centro. Integración didáctica das TIC. Traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital
    2. Edixgal. Posibilidade de formación para a xestión da plataforma.
    3. Integración didáctica das TIC. Formación en audácity e ferramentas para a implementación do proxecto da radio do centro.
  2. Itinerario 2:
    1. Mellora da convivencia no centro. Formación en prácticas restaurativas e posta en práctica dos círculos restaurativos como ferramenta de comunicación e expresión na aula. estas ferramentas poden ser utilizadas para a resolución de conflictos
  3. Outras liñas formativas posibles para abrir novos itinerarios formativos:
    • Deseño e desenvolvemento curricular no marco do modelo competencial.
    • Programas de Plurilingüísmo. Competencia comunicativa en linguas maternas e estranxeiras. Tratamento integrado de linguas.
    • Educación inclusiva e coeducativa.
    • Convivencia escolar e clima da aula. Saúde e benestar emocional. Relacións coas familias.
    • Actualización científica e didáctica do profesorado. Observación inter-pares e intercentros.
    • Mellora da xestión dos centros.
    • Internacionalización dos centros educativos: E-twinning e Eramus +.
    • Biblioteca escolar.
    • Iniciativas formativas no ámbito STEM (ciencia-tecnoloxía-enxeñaría-matemáticas).
    • A orientación vocacional e profesional.
    • Educación para o desenvolvemento sostible e a cidadanía global (conectado coa liña 4 dos Contratos-Programa Innova: EDUsostibilidade).
  4. Modalidades: curso, grupo de traballo, seminario.
  5. Deben ser presentados e aprobados polo Claustro e o Consello Escolar e formarán parte da PXA.

Innovación educativa

a)Plan Proxecta+ (Curso 2023-24)

  • Finalidade: fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial pero que ademais estean comprometidos coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.
  • Liñas estratéxicas:
    • Desenvolvemento de iniciativas vinculadas aos obxectivos da Axenda 2030.
    • Desenvolvemento das competencias clave.
    • Desenvolvemento dos elementos transversais.
    • Utilización de estratexias metodolóxicas comúns.
  • Máis información: Plataforma Plan proxecta (Consultar Resolución do 22 de xuño do 2023)
  • Consta de 46 programas: consultar aquí
  • Prazo de solicitude: do 23 de xuño ata o 29 de setembro de 2023.

b) Contratos-programa Innova:

  • Finalidade: desenvolvemento das competencias clave, afondar no logro da excelencia educativa incentivar o talento do seu alumnado, promover hábitos de vida saudables, impulsar unha educación para o desenvolvemento sostible e mellorar a xestión dos centros.
  • Consta de 5 modalidades:
    • 1. O centro docente como entorno innovador de aprendizaxe a través da mellora permanente. (EDUinnova)
    • 2. O centro docente como promotor da excelencia a través do afondamento nun ámbito de coñecemento. (EDUexcelencia)
    • 3. O centro como dinamizador de hábitos de vida saudables. (EDUsaúde)
    • 4. O centro educativo comprometido cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). (EDUsostibilidade)
    • 5. O centro educativo como modelo de calidade a nivel organizativo, de xestión e de funcionamento. (EDUcalidade)
  • Prazo de solicitude: demde o 23 de xuño ata o 22 de setembro de 2023.
  • Máis información: Resolución do 22 de xuño de 2023.

c) Contratos-programa Inclúe:

  • Finalidade: desenvolver un plan de mellora no que poidan, en función das necesidades detectadas e do seu proxecto educativo, acadar o éxito educativo a través da implementación de programas que promovan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a inclusión, a redución das taxas de abandono escolar temperán, o desenvolvemento da competencia emocional e, en xeral, a mellora do clima escolar de toda a comunidade educativa.
  • Consta de 5 actuacións: 
  • QUÉDA-T.
  • IGUÁLA-T.
  • CONVIVE-T.
  • INCLÚE-T.
  • EMOCIÓNA-T
  • Prazo de solicitude: dende o 17 de xuño ata o 20 de setembro de 2023.
  • Máis información: Portal Educativo  ( Consultar Resolución do 12 de xuño de 2023).

d) Polos creativos

  • Finalidade: promover a adquisición de competencias e coñecementos tecnolóxicos entre o alumnado apostando polo fomento de capacidades como o pensamento crítico, a resolución de problemas, o traballo en equipo, a creatividade ou a capacidade analítica, todos eles elementos académicos clave nun mundo cada vez máis dixitalizado e interconectado.
  • Ámbito STEM (Ciencia, Tecnoloxía e Matemáticas).

  • Equipamento específico: mobiliario especializado e tecnoloxía.

  • Mais información aquí.

  • Prazo: non hai

d) Clubs de Lectura

  • Finalidade: crear un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que poidan dar resposta ás súas curiosidades, aos seus intereses e resolver problemas. Deberá estar formado por un ou máis docentes de calquera especialidade e alumnado. Desenvolverase fóra do horario lectivo do alumnado nos espazos que se consideren ou habiliten do centro docente. Este horario deberá cumprir como mínimo unha media de catro horas ao mes,  comezando a partir da concesión definitiva do proxecto ata final do período lectivo do alumnado durante o curso 2023/24.
  • Máis información: Resolución para o curso 22/23
  • Prazo de solicitude: Aínda non dispoñible.

e) Club de Ciencia

  • Finalidade: crear un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que poidan dar resposta ás súas curiosidades, aos seus intereses e resolver problemas. Deberá estar formado por un ou máis docentes de calquera especialidade e alumnado. Desenvolverase fóra do horario lectivo do alumnado nos espazos que se consideren ou habiliten do centro docente. Este horario deberá cumprir como mínimo unha media de catro horas ao mes,  comezando a partir da concesión definitiva do proxecto ata final do período lectivo do alumnado durante o curso 2022/23.
  • Máis información: Portal educativo (Consultar Resolución do 28 de xuño de 2023).
  • Prazo de solicitude: ata o 18 de setembro de 2023. 

f) Digitalweek. Programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais

  • Finalidade: proporcionar ao alumnado participante unha actividade de inmersión lingüística que lle permita mellorar as suas destrezas de comprensión e expresión oral en lingua inglesa a través de actividades dixitais.
  • Actividades académicas, de tempo libre e obradoiros; a metodoloxía será activa, ludica e cooperativa.
  • Realizaranse en outubro e novembro de 2022 en réxime de internado en centro residencial durante unha semana..
  • Alumnado destinatario:25 alumnos/as da ESO por centro.
  • Máis información: Portal educativo (Consultar resolución do 22 de maio de 2023).
  • Prazo de solicitude: dende 25 de maio ata o 25 de xuño de 2023 (fóra de prazo).

g) Intercambios escolares Edu-exchanges

  • Finalidade: promover a participación dos estudantes en intercambios lingüísticos na 1ª ou na 2ª lingua estranxeira.
  • Máis información:
  • Prazo de solicitude: ata o 26 de setembro. 

h) Programa Galimiens

  • Finalidade: favorecer o intercambio en liña co alumnado de centros educativos da Académie d'Amiens durante o Curso 2022-2023. 
  • Máis información: Resolución do 20 de xuño de 2022.
  • Prazo de solicitude: ata o 26 de setembro.

 

OUTRAS INSTITUCIÓNS E SINDICATOS

CIG-Ensino

Programación e datas para o 1º trimestre 22-23 en https://www.cig-ensino.gal/cursos.html 

Para te matriculares, preme en “ligazón á matrícula” e solicita praza tendo en conta as seguintes datas:
- Cursos a distancia estará aberta a matrícula ata unha semana antes de comezo de cada curso.
- Cursos presenciais estará aberta a matrícula ata dous días antes de comezo de cada curso.

Depoemprende

  • Finalidade: promover no ámbito educativo dinámicas de traballo cooperativo que favorezan a adquisición de competencias e coñecementos vinculados á cultura emprendedora e ao espírito emprendedor a través da metodoloxía por proxectos.
  • Prazo de solicitude: ata o 29 de septembro de 2023.
  • Máis información: Boletín oficial da deputación.
  • Convocatoria no BOP

Proxecto RELEVO 2. Mocidade A bordo - GALP Ría de Vigo - A Guarda

  • Obxectivo: achegar o sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola ao alumnado de 4º de ESO co fin de que coñezan as saídas profesionais e todo o que este sector lle ofrece no noso país. Poñerá en valor e daranse a coñecer os recursos do sector a disposición dos mozos e mozas para que poidan formarse e telos coma unha opción de futuro. O programa abordará o desenvolvemento da ECONOMÍA AZUL.
  • Alumnado: 4º ESO.
  • Máis info. en: https://arenariacoordinacion.com/relevo2/
  • Aínda non dispoñible.


blog | by Dr. Radut