Skip to Content

Charlas Informativas Xunta.

II Ciclo de Cultura Científica: Tecnoloxía con sentidiño.

A Xunta lanza a segunda edición do Ciclo de Cultura Científica dirixida a público en xeral, comunidade educativa e aos docentes.

Baixo o título "Tecnoloxía con sentidiño", a partir do 4 de abril abordaranse varias temáticas en torno ao eixo común da tecnoloxía, como o uso desta nas aulas, a súa relación coa saúde infanto-xuvenil e a psicoloxía ou a Intelixencia Artificial, entre outras.

A Xunta organiza este ciclo nun momento no que o uso da tecnoloxía é motivo de debate no ámbito do ensino, e de especial interese para as familias. O obxectivo é ofrecer certezas e contribuír a unha reflexión seria e documentada, con expertos do maior nivel, e baseada en investigacións.  

Poderán seguirse de forma presencial no auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia, de 18:00 a 19:30h., e tamén serán retransmitidas en streaming na canle de YouTube da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O ciclo comeza o día 4 de abril coa presenza de Héctor Ruíz Martín, investigador e director da International Science Teaching Foundation, que impartirá o relatorio "Que nos di a investigación sobre o uso da tecnoloxía na aula".

Saúdos,

A xunta directiva

AnexoTamaño
II_Ciclo_Cultura_Cientifica_tecnoloxia_con_sentidiño.pdf1.06 MB


blog | by Dr. Radut