Skip to Content

Importante: adiántase o prazo para solicitar as BOLSAS MEC para ensinanzas postobrigatorias no curso 2022-2023

Publicouse a convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022-2023 para o alumnado que vaia cursar ensinanzas postobrigatorias. Isto afecta a todo ao alumnado que vai cursar estudos de BACHARELATO ou FP (graos medio e superior) o próximo curso, así como os que van acceder á Universidade.

Prazo de solicitude Bolsas MEC: do 30 de marzo ao 12 de maio. Ampliación: até o 16 de maio.

É necesario que pidas a bolsa neste prazo, aínda que non se abrira o período de matrícula nos estudos que che interesan, non saibas o que vas estudar ou mesmo non saibas con seguridade se vas estudar ou non. Se cres que cumpres os requisitos, é importante que fagas a solicitude: pon os estudos máis probables e cara a setembro poderás cambialos.

Aquí podes ver todos os requisitos que tes que cumprir para ter dereito a recibir a bolsa (requisitos xerais, económicos e académicos).

A solicitude preséntase en liña, a través da páxina web do Ministerio, onde podes consultar toda a información.

Poden solicitar estas bolsas quen se vaia matricular no curso 2022/2023 en:
  • Primeiro e segundo curso de Bacharelato.
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior.
  • Ensinanzas artísticas profesionais.
  • Ensinanzas deportivas.
  • Estudos de idiomas en Escolas Oficiais.
  • Ensinanzas artísticas superiores.
  • Estudos relixiosos superiores.
  • Estudos militares superiores.
  • Cursos de preparación para probas de acceso á FP impartidos en centros públicos e privados concertados.
  • Formación Profesional Básica. 
  • Ensinanzas universitarias.

Bolsas para alumnado con NEAE: aínda non sabemos o prazo, pero é posible que se adianten tamén este curso, polo que, se é o caso, lembra solicitar o certificado de Discapacidade, e entregar no Dpto. de Orientación esta e calquera outra información actualizada.

AnexoTamaño
extracto bolsas mec.pdf174.16 KB


blog | by Dr. Radut