Skip to Content

Blogue de Orientación

ACCESO Á UNIVERSIDADE: actualización 16/07/20

A raíz da ABAU xurdiron no alumnado algunhas dúbidas sobre o acceso, no tocante por exemplo á indicación de que "Despois de cada chamamento e durante o periodo de matricula, o alumnado que non se matricule deberá confirmar en NERTA o interese en continuar nas listaxes da CIUG".

 Recoméndovos o seguinte:

1. Ver este novo video publicado pola UDC sobre a preinscripción no SIUG. Tal e como aí se explica, a idea é que, vos matriculedes ou non, sempre tedes que reconfirmar o interese (se non deixaríades de estar en lista de agarda). 

2. Estar moi atentos/as aos prazos do proceso ao longo do verán.

O 20 de xullo empeza a preinscrición no Sistema Universitario Galego. A referencia é sempre o calendario actualizado na CIUG: https://www.ciug.gal/PDF/calendarioabauacceso20.pdf

3. Consultade se tedes dúbidas. Podedes facelo conectándovos en directo nas videochamadas dos xoves pola mañá, ou ben consultando coa CIUG (web e LERDs asignados en cada Campus) ou nas Universidades.

LERD 7
Campus de Pontevedra

986 801 949
asc-po@uvigo.es

LERD 5
Campus de Vigo - SIE

986 813 630
986 813 755
sie@uvigo.es

Ciclos FP: aberto o proceso de admisión

Importante: le este DOCUMENTO RESUMO para saber como tes que facer a solicitude.

Calendario de admisión: Podedes descargalo premendo aquí  ou acceder a toda a información na páxina oficial: http://www.edu.xunta.gal/fp/node/15703   

Prazo: o prazo comeza o 25 de xuño. Teredes aberta a aplicación online ata o 8 de xullo ás 13:00: https://www.edu.xunta.es/ciclosadmision

Actualización do 24/06/20: publicada a oferta actualizada de ciclos para o vindeiro curso e as Instrucións de admisión.

Mira a oferta dos Ciclos organizada por localidades.

Podes consultar as Instrucións Xerais do Proceso de Admisión e ver o video explicativo para entender como facer a solicitude:

Acceso a Arte Dramático, Deseño, Conservación e Restauración.

  •  Publicadas as Instrucións para o acceso ás seguintes ensinanzas. Se estás interesado no acceso, consulta á web da Consellería ou pregunta directamente no Departamento de Orientación.

-  Ensinanzas superiores de Música para o curso 2020/2021- Ensinazas superiores de Deseño para o curso 2020/21.- Ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2020/2021

        - Ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2020/2021

    3º ESO: información para o alumnado que vai escoller en 4º a opción B (Iniciación á FP).

    Vas escoller en 4º a opción B (Formación Profesional) e queres saber máis sobre as materias? 

    No seguinte documento poderás ver un resumo de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional e de Iniciación á Actividade Emprendedora. Se desexas ampliar a información, consulta co Departamento de Orientación.

    Queres estudar un Grao e aínda non te decides, ou queres saber máis sobre o que escolliches?

    Se non participaches nas Xornadas virtuais da Universidade de Coruña no mes de abril, e queres ampliar a información sobre algún Grao, a Universidade da Coruña editou as videoconferencias de cada Grao.

    Anímate a acceder pinchando aquí e consultando os Graos que che interesen.

    2º BACHARELATO: video moi interesante para quen vaia a acceder á Universidade

    Se queres acceder á Universidade, será de utilidade este vídeo da Xornada de Orientación Universitaria. É un pouco longo pero moi interesante, polo que podes parar especialmente nas partes que che interesen (novidades ABAU, a preinscrición, a solicitude e o acceso á Universidade, a matrícula, a oferta de graos). A 1ªh é sobre a ABAU e o acceso á Universidade, a partir de aí a oferta de estudos.

    Explican información importante para cando fagades a solicitude nos Graos; moi recomendable vela. Tal e como me trasladaron dende o SIE  (Sección de Información ao Estudante) na sesión do videochat o xoves pasado (recordade que tedes a opción de participar todos os xoves de 11.00 a 13.00 h) é importante que teñades claros estes aspectos, e lles preguntedes calquera dúbida. Para iso, poñen á vosa disposición os seguintes correos, para preguntar dúbidas sobre o acceso á Universidade:  Lerd do Campus de Pontevedra asc-po@uvigo.es, ou Vigo: sie@uvigo.es

    Sobre a matrícula na ABAU, que o alumnos/as de 2º de Bacharelato teredes que facer entregando a documentación no IES, do 10 ao 17 de xuño, subiremos toda a información próximamente.

    BACHARELATO: ORIENTACIÓN ACADÉMICA

    Este caderno  contén información de orientación académica para alumnado de 1º e 2º. Entre outros:

    - Aspectos relacionados coa elección das materias na matrícula en 2º de Bacharelato.

    - Saídas profesionais tras o Bacharelato: información sobre o acceso a Universidade, FP, etc.

    Aconséllase a lectura completa para ter clara unha visión global das opcións que tedes tras Bacharelato, pero podedes ler directamente o apartado que vos interese (matrícula no IES, FP, Bacharelato...) pinchando no índice.

    BACHARELATO: Que queres estudar despois?

    Este buscador de La Voz de Galicia pode axudarte na procura de información:

    https://estudiarengalicia.lavozdegalicia.es

    É útil porque podes buscar información das titulacións por diferentes criterios (Grao/FP, titulación, rama de coñecemento, localidade ou nota de acceso). Non detectei ningún erro, pero se te interesa algunha titulación en concreto, lembra sempre constratar a información nas páxinas oficiais.

    FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

    MATERIAS de 1º e 2º de BACHARELATO-actualizado para curso 2021/22

    Se queres saber máis sobre as materias de 1º e 2º de Bacharelato nas que te poderás matricular, achégase un documento que explica os contidos dalgunhas destas materias e que son as materias de continuidade.

    Distribuir contido


    by Dr. Radut