O alumnado que proceda doutro centro e estea interesado en matricularse no IES San Paio, debe facer previamente o proceso de admisión de alumnado (preme para acceder a esa sección).
Para o alumnado xa admitido e/ou matriculado no noso centro, na seguinte táboa atoparás os impresos necesarios para entregar a túa prematrícula (só para alumnado xa matriculado no noso centro) e/ou formalizar en prazo a matrícula (trámite obrigado para todo o alumnado); en ambos impresos inclúese un recadro para que coñezas de antemán a documentación coa que deberás acompañalos:
** O alumnado que realizou prematrícula dispón dun impreso que se lle entregou coas notas (alumnado do centro) ou está en secretaría (alumnado de admisión)
** O alumnado que realizou prematrícula dispón dun impreso ao seu nome coas súas escollas en secretaría
A matrícula debe formalizarse sempre no prazo que establece a normativa que regula o procedemento de matrícula en centros educativos sostidos con fondos públicos para o curso 2023/24, neste caso do 23 de xuño ao 7 de xullo de 2023, e poderá facerse presencialmente, na Secretaría do centro, dentro do seu horario
Outros documentos a entregar co impreso de matrícula: