Un 5 de outubro, fai 50 anos, os Beatles publicaron o seu primeiro single coa canción " Love me do", con sello Parlophone. Nin siquera foi un éxito. Só chegou ao número 17 das listas. A canción chegou aos 'charts' gracias a que NEMS, a empresa do mánager dos Beatles, Brian Epstein, comprara 22.000 copias para a súa tenda para asegurarse de que o tema entrara alomenos en listas.
Outra circunstancia máis: 'Love me do' é unha canción que nunca foi dol gusto nin de John nin de Paul, a pesar de ser a primeira. Só dous acordes e as súas voces copiando aos Everly Brothers. A canción é na súa maior parte de Paul, cunha letra demasiado simple..
McCartney a compuxo cando tiña 16 anos.
Love me do" é xunto con 'P.S. I love you' , as dúas únicas cancións que non pertencen á editorial de Sony, no seu día Dick James, e, logo, Michael Jackson. Os Beatles non firmaran aínda con ningunha editorial. Agora, 'Love Me Do', é propiedade por completo de Paul McCartney.
|
|