Skip to Content

TUI LE 2017

O pasado venres 12 de maio, a partir das 9.15, no Teatro Municipal (Edificio Área Panorámica) tivo lugar por oitavo ano consecutivo unha nova edición do "Tui Le" na que o IES SAN PAIO participou, xunto cos outros centros educativos do concello de Tui, cunha adaptación musical do Hallelujah de Leonard Cohen (interpretado polo seguinte alumnado Ruth Montero, Juan Paramos, Helena Pardo, Pablo Rodríguez, as irmás Elsa e Eva Roldán e Claudia Valenzuela) e a dramatización da "Galiña Azul" interpretada por Adrián Ríos de 1ºA -ESO. 
Nesta xornada tamén se intercambiaron de libros (o alumnado que aportoue un libro puido levar outro).

O noso particular Carlos Casares, obra do alumnado e profesora de Educación Plástica

O CLUB TUITAKU do noso IES na COMICON INTERCENTROS de Moaña

O venres 12 de maio foi o día de xuntanza e intercambio con outros clubes de Manga e Anime da provincia de Pontevedra no que fomos invitados polos centros organizadores: IES Paralaia e IES As Barxas.   Nunha xornada maratoniana -que se prolongou ata as 20.00h- non tivemos tempo no que non houbera anda que facer. 


 

 

 

 

enlace do FARO DE VIGO; www.comicmoanha.com

 

Listaxes definitivas de Admitidos e non Admitidos Curso 2017-2018

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

CURSO 2017-2018

 

As persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 

Listaxes definitivas de Admitidos e non Admitidos para o curso 2017-2018

 

 

 

Gañadora da Tablet - Rifa pro visita de estudos a Lisboa´17

Esta mañá pasou polo instituto Rosa coa súa rifa gañadora da Tablet vendida por un alumno de 3º ESO para a visita de estudos a Lisboa.

Parabéns! 

PARTICIPACIÓN NO CAMPIONATO ESCOLAR GALEGO DE ORIENTACIÓN A PÉ

O pasado sábado 29 de abril tivo lugar no Campus Universitario de Elviña (A Coruña) o Campionato Escolar Galego de Orientación a Pé no que participaron dúas das nosas alumnas de 1º B de ESO: SOFÍA RODRÍGUEZ E NURIA VÁZQUEZ que disfrutaron deste deporte:

Máis información do evento aquí

CLUB MANGA E ANIME TUITAKU en Vigo

O alumnado socio-fundador do Club de Manga e Anime "Tuitaku" do noso instituto participou, o luns 24 de abril, nunha xuntanza no IES Álvaro Cunqueiro de Vigo con outros clubes de IES de Pontevedra (Paralaia e As Barxas de Moaña; Escolas Proval de Nigrán; Ricardo Mella, Alexandre Bóveda e Álvaro Cunqueiro de Vigo) coa idea de coñecerse e prepararse para a COMICON de Moaña que terá lugar o 12 e 13 de maio.

 Toda a información e programa da Comicon de Moaña (aberta a todo o público o sábado 13) podedes atopala no seguinte ENLACE

Distribuir contido


by Dr. Radut