Skip to Content

Prematrícula 2023-24

Prematrícula

Para poder facer previsións de profesorado e optatividade, é necesario realizar unha prematrícula por parte do alumnado do centro. Esta complétase cubrindo o seguinte formulario (ata o 26 de maio):

 

Formulario para cubrir a prematrícula 2023-24

 

Lembra que:

  • Para o alumnado que se incorpora a 1ºESO non se realiza prematrícula.
  • En caso de presentar varias veces a prematrícula terase en conta só a última entregada.
  • En calquera caso, deberase realizar a matrícula oficial do 23 de xuño ao 7 de xullo (ambos incluídos).

Dúbidas:

Para resolver dúbidas sobre orientación educativa, podes contactar coa orientadora e sobre cuestións técnicas co secretario. En caso de non poder facelo no centro, podes escribirnos ao enderezo electrónico: ies.sanpaio@edu.xunta.gal

Data: 
Mér, 10/05/2023 - 03:11

Enquisa de Convivencia Escolar 2023

A Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 inclúe o seguimento e avaliación da convivencia escolar en Galicia mediante a realización dunha enquisa bianual nos centros educativos para a elaboración dun posterior dun informe de diagnose.

A recollida de datos en cada centro farase, de xeito automatizado e totalmente anónimo, a través dunha enquisa a realizar antes do vindeiro luns 22 de maio, unha para cada sector da comunidade educativa: alumnado (que a fará na aula co seu profesorado titor), familias, profesorado e persoal non docente.

Para poder facer a enquisa correspondente ás FAMILIAS, seguiremos estes pasos:

  • Esta semana cada alumno/a levará para entregar na súa casa un impreso cunha clave ou código.
  • A nai/pai/responsable legal debe acceder á seguinte ligazón: https://edu.xunta.gal/convfamil
  • Responder ás preguntas e premer "Enviar" ao rematar o cuestionario.

Ante calquera dúbida, podes poñerte en contacto coa dirección do centro.

Grazas pola túa colaboración!

 

Data: 
Mér, 10/05/2023 - 13:15

Reparto de Froita Fresca e Leite - 2º período

 

O luns 8 de maio comeza o segundo período de reparto de froita fresca e leite deste curso. A froita repartirase dende o luns 8 ata o luns 22 de maio (ambos incluidos), mentres que o reparto de leite estenderase ata o luns 5 de xuño. Coma sempre, a froita e o leite estarán dispoñibles na entrada do centro para coller durante os recreos.

Data: 
Sáb, 06/05/2023 - 14:14

XII Xornadas Educativas -ANPAS

Data: 
Xov, 27/04/2023 - 13:09

AVISO - Desconvocada folga de transporte

Acaba de ser desconvocada a folga de transporte prevista para os días 27 e 28 de abril, polo que o transporte escolar funcionará con total normalidade nestes días.

Data: 
Mér, 26/04/2023 - 17:54

Calendario do curso 2023/24

 

Presentamos o calendario  do curso 2023/24. Podes velo en detalle ou descargalo premendo aquí.

 

 

Data: 
Ven, 13/10/2023 - 15:31

Premios Extraordinarios da ESO

O pasado venres, 14 de abril, publicouse no DOG a Orde do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022-2023.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023.

Pódese atopar máis información sobre esta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

Data: 
Xov, 20/04/2023 - 20:10

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ven de convocar os Premios Extraordinarios de Bacharelato para o alumnado que finalice os estudos de bacharelato no presente curso 2022-2023 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderá optar aos premios extraordinarios de bacharelato o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2022/23 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, seguindo o currículo oficial vixente nela, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.

b) Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75. A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 120, do 29 de xuño).

O prazo de solicitudes, que deberán facerse no enderezo https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED311A&ano=2023&numpub=1&lang=gl , remata o 25 de maio de 2023.

Máis información en https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230403/AnuncioG0655-200323-0005_gl.html

Data: 
Mar, 11/04/2023 - 06:01

AVISO - Servizo de Transporte Escolar

 

O sector do transporte de viaxeiros por carretera ten convocada unha folga para este venres 31 de marzo de 2023 pero, atendendo aos servizos mínimos pactados, o transporte escolar do IES San Paio funcionará con total normalidade, non afectando a folga a rutas nin horarios.

Data: 
Xov, 30/03/2023 - 07:33

Viaxe a Lisboa co alumnado de 3ESO

Un ano máis, o departamento de Matemáticas organiza a saída didáctica a Lisboa para o alumnado de 3ESO. A semana do 27 ao 31 de marzo visitarán os monumentos e zonas máis emblemáticos da capital portuguesa. Pódese consultar a axenda da visita na seguinte ligazón.

Previo á viaxe, o noso alumnado leu detidamente un interesante dossier con toda a información de Lisboa que foi a base para xogar ao Breakout virtual que o profesorado creou para coñecer os lugares e as visitas que farán en Lisboa.

 

Data: 
Ven, 24/03/2023 - 09:57
Distribuir contido


by Dr. Radut