PARTICIPACIÓN NA FASE NACIONAL DA XV OLIMPIADA DE XEOLOXÍA
Un ano máis o departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES San Paio participou na Olimpiada de Xeoloxía organizada pola Asociación Española para la Enseñanza de la Ciencias de la Tierra, AEPECT.
Este curso participou o alumnado de Xeoloxía de 2BAC que fixo unha actuación inmellorable, xa que quedaron primeiros na clasificación por equipos e, dúas das nosas alumnas, Alba Estévez e Andrea Martínez quedaron 1ª e 2ª clasificadas para a fase nacional, que terá lugar este sábado 12 de abril en Zamora.
Moita sorte para Alba e Andrea, aínda que para nós xa sodes todas unhas campionas!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Olimpida XEOLOXÍA .pdf | 2.6 MB |
Data:
Xov, 11/04/2024 - 11:41