Skip to Content

PREMIO EXTRAORDINARIO DA ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO

No mes de setembro realizáronse as probas para optar o Premio Extraordinario da ESO ao Rendemento Académico.

 

Premio dirixido ao alumnado que cursou, durante o ano académico 2022/23, 4º da ESO en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia, proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria e que obtivese no conxunto dos catro cursos da ESO unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.

 

Transmitimos os nosos parabéns a Álvaro Velázquez Refoxos de 1º BAC A por conseguir un dos vinte premios extraordinarios otorgados e ao alumnado que se presentou polo seu esforzo e dedicación.

 

Parabéns as súas familias e aos equipos docentes que tiveron ao longo da súa traxectoria educativa.

Data: 
Mér, 29/11/2023 - 15:45


page | by Dr. Radut