Skip to Content

Eleccións Consello Escolar 2022

Corresponde no curso 2022/23 a renovación dos consellos escolares dos centros sostidos con fondos públicos. No IES San Paio toca renovación parcial de membros nos seguintes sectores: profesorado, nais/pais e alumnado. A continuación, irase incorporando, para a súa consulta pública, toda a información relativa ao procedemento, así como os documentos que se vaian xerando a medida que o proceso avance (tamén dispoñibles no taboleiro da Secretaría).

Animamos a toda a comunidade educativa a que participe destas eleccións, xa que o Consello Escolar é o órgano de maior representación e constitúe unha boa maneira de contribuír a un mellor funcionamento do ensino público.



page | by Dr. Radut