Skip to Content

RESERVA DE PRAZAS-CAMBIO DUN CENTRO A OUTRO AO QUE SE ESTEA ADSCRITO

De acordo coa disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos, iníciase a fase de reserva de praza para o curso académico 2022-23. 

O prazo esténdese do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluidos. Para reservar praza débese presentar o Anexo I de Reserva de praza, cambio dun centro a outro ao que se estea adscrito, no centro de orixe, é dicir, aquel no que se estea matriculado actualmente.

A listaxe de alumnado admitido será publicada antes do 28 de febreiro e poderá consultarse no centro de orixe ou na aplicación admisionalumnado.

 



page | by Dr. Radut