Skip to Content

¿Qué é falta de asistencia xustificable?

¿Qué é falta de asistencia xustificable?


1. Con carácter xeral, teñen a consideración de xustificables as seguintes faltas de asistencia a clase do alumnado: 
a) Citacións que impliquen un deber inescusable, sendo xustificable o tempo necesario. 
b) Morte ou enfermidade grave dun familiar de primeiro ou segundo grao. 
c) Tramitación de documentos oficiais, presentación a exames e probas oficiais ou similares, sendo xustificable o tempo necesario. 
d) Indisposicións, podendo ser xustificables ata un máximo de 2 días lectivos. 
e) Enfermidade, sendo xustificable o tempo de prescrición médica. 
 
2. No caso de faltas de asistencia a clase do alumnado non contempladas no apartado anterior, quedará a criterio da dirección do centro educativo a consideración das excepcionais circunstancias que concorran para a súa xustificación ou non. En todo caso, deberá garantirse o dereito á escolarización da alumna ou do alumno.



blog | by Dr. Radut