Skip to Content

RECURSOS

ANDAR AOS BIOSBARDOS

O alumnado de Investigación e Tratamento da información recibiu no primeiro trimestre un taller do EDLG de creación de códigos QR. O resultado, que este último mes estivo exposto no noso taboleiro, son estes paneis sobre mitoloxía galega nos que a través do QR podes acceder a un podcast que explica cada un deses seres da nosa tradición oral.

Premendo sobre a imaxe podes acceder ao pdf con todos os paneis.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesregodetrabe/system/files/Andar%20aos%20Biosbardos.pdf

REPORTAXES E ENTREVISTAS SOBRE MÚSICA GALEGA

O alumnado de 3ºD e 3ºB investigou no terceiro trimestre sobre bandas e intérpretes galegos. Premendo na imaxe podes ler un libro ISUU con algúns dos resultados:

GZ MÚSICA

O webzine da música galega, con novas, axenda, vídeos, zona de descargas...

HIP HOP EM GALEGO

Como xa sabedes, este EDLG évos moi melómano.

Entre a multitude de estilos musicais que podemos gozar na nosa lingua o hip hop está nos últimos anos batendo con forza, tanta que Radio Allariz comezou este ano a dedicarlle a emisión dun programa semanal.

Aquí vos deixamos o enlace ás diversas plataformas online nas que podedes escoitar os programas.

CONCIENCIADAS

A que cheiran os libros?

A resposta tédela no primeiro publicación de CONCIENCIADAS, o novo espazo de ciencia de Praza.gal, que estrean hoxe, Día das Letras Galegas

DOWN GALICIA

Hoxe a Coordinadora do EDLG do centro asistiu ás xornadas do proxecto RUSH, nas que houbo unha formación impartida por Down Galicia que presentaron materiais ben interesantes para a lectura fácil e a comunicación inclusiva, que podes descargar nos documentos adxuntos a esta publicación.

PACTO DE IRMÃOS

A AGAL creou este documentario sobre os comezos da escrita no noso idioma. Podes consultalo na seguinte ligazón:

LITERATURA GALEGA MEDIEVAL

Aquí tes acceso a dous recursos para te achegares ás nosas cantigas: 

Un roteiro pola literatura galega medieval

E un vocabulario con léxico das cantigas profanas

 

VENTO QUE ZOA: MÚSICA CLÁSICA GALEGA

Aquí vos achegamos un novo recurso: o sitio "Vento que zoa", apartado do Consello da Cultura galega dedicado á nosa música clásica

Distribuir contido


by Dr. Radut