UNHA PAISAXE DA EUROPA FEUDAL.
Se lle botamos imaxinación poderiamos trasladarmo-nos á paisaxe
ao redor do Rego de Trabe hai case 1000 anos.
E se camiñaramos por esta paisaxe, que diferencias hai coa de hoxe?
Destacarían en primeiro lugar a abundancia de bosques e terras de cultivo: campos de centeo,de trigo,
hortas, frutais (pumares); sería unha paisaxe agraria, con aldeas e granxas espalladas polo
campo.
E os edificios e construcións son semellantes?
Hoxe na nosa comarca apenas quedan granxas ou aldeas de labradores e gandeiros.
Ainda hai edificios de época medieval, A ponte do Burgo, Os muiños de Acea da Ma.
As igrexas de Santiago do Burgo e a de Santa María do Temple.
O que nos falta é o castelo!!!
Vaia, xa non temos o castelo dos templarios, de aí o nome do Temple.
Como? Había un castelo?
Si, estaba doutro lado da ponte, onde hoxe chaman a costa da Tapia ( a tapia ou muro do castelo).
Daquela, ainda podemos ver a paisaxe medieval ao redor do noso instituto?
Claro, ainda. Por iso debemos estudar a Europa feudal para aprecia-la, poder conserva-la e dar-lle valor.
O TAPIZ DE BAYEUX: UN CÓMIC MEDIEVAL. (ver video)
O bispo de Bayeux (vila da Normandía, na Franza) encargou un tapiz no século XI
para decorar a catedral. É unha tea de liño de 70 m X 0,50 m bordada con la de cores.
Relata a conquista de Inglaterra por Guillerme, duque de Normandía, que vencedor na
batalla de Hastings, no ano 1066, convírtese en rei de Inglaterra.