Skip to Content

O RDT NO TORNEO DE DEBATE DA BARRIÉ

PARTICIPACIÓN DO IES REGO DE TRABE NO TORNEO DE DEBATE ACADÉMICO DA FUNDACIÓN BARRIÉ

(23 de xaneiro)

Un ano máis o IES Rego de Trabe participou no Torneo de Debate Académico da Fundación Barrié. Este ano o equipo está integrado por dous alumnos de 3º da ESO e tres de 2ª da ESO que cursan a materia de Oratoria. A pregunta que se nos plantexou é :

Rural ou urbano, qué entorno é o máis favorable para un adolescente?

Despois de moito traballo buscando argumentos que apoien unha ou outra opción, o día 23 de xaneiro enfrontámonos a equipos de tres institutos. Conseguimos vencer en dous dos tres debates, pero non no clasificamos para a seguinte fase.

Podedes acceder a unha entrevista realizada para Radio Culleredo a dous dos integrantes do equipo e aos docentes que os adestraron. 

Parabéns para o noso equipo e grazas a Goretti e a Nel!!

 

 

 



page | by Dr. Radut