Skip to Content

DÍA NA CIENCIA NA RÚA 2020

A pesar das circunstancias anómalas non podemos deixar de festexar un día tan consolidado na cidade da Coruña como o da ciencia na rúa, no que vimos de participar por segundo ano. Nesta ocasión, non puido ser na rúa, senón no teatro, pero non por iso se restou ilusión e traballo.

Participaron o alumnado que forma parte do Club de Ciencia, xunto cos docentes que levan xogando e investigando na ciencia dende o comezo de curso, xuntándose en boa parte dos recreos.

Só unha pequena parte deles puideron amosar o seu traballo dende o esecnario do teatro, e uns cantos máis puideron acompañalos dende o patio de butacas, pois o acceso estaba fortemente limitado. Inda así, fomos moitos os que estivemos pendentes e contentos do seu rotundo éxito. Parabéns!

AnexoTamaño
WhatsApp Image 2021-05-08 at 18.14.56.jpeg296.38 KB


page | by Dr. Radut