Skip to Content

MATRÍCULA 2020-21

Acaba de ser enviado ás familias do alumnado do IES Rego de Trabe por AbalarMobil a dirección do formulario para cumplimentar a pre-matrícula coa oferta definitiva online.

Foi enviada toda a información necesaria para realizar esta primeira parte da formalización da matrícula aos equipos directivos dos centros que teñen alumnado que continuará os seus estudios con nós:

  • IES Universidade Laboral
  • CEIP Vila de Rutis
  • CEIP Isaac Díaz Pardo e
  • CEIP Sofía Casanova

O luns 25 de maio farán chegar esta información polas vías que cada centro estea afeito a utilizar para comunicarse coas familias.

  • O prazo para cumplimentar esta pre-matrícula online rematará o mércores día 3 de xuño ás 22.00 h. En caso de necesitar enviar un novo formulario por terse equivocado, teremos en conta o último que teñamos recibido dentro do prazo fixado. Haberá no recibidor do centro un ordenador á súa disposición por se o necesitase, tanto para cubrir a matrícula como para solicitar o fondo de libros de forma telemática (isto último para o alumnado que actualmente cursa 2º e 3º de ESO e 6º de Educación Primaria).
  • A redor do 10 de xuño publicarase o calendario para recoller os impresos necesarios para rematar a formalización da matrícula.
  • A finais de xuño recollerase no centro no que están actualmente matriculados un sobre con todos os impresos da matrícula. Cada centro establecerá calendario e horario.
  • Entre o 1 e o 10 de xullo farase a entrega do sobre de matrícula con todos os impresos asinados na secretaría do IES Rego de Trabe. Publicarase con anterioridade calendario e horario.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut