Skip to Content

2023-24

O ALUMNADO DE FRANCÉS PARTICIPA NO FIESTINEMA 2023

Hai uns días o alumnado de francés de 2°, 3° e 4°ESO asistiu ao Fiestinema Junior organizado pola embaixada francesa en Compostela.
Vimos a película "SEULS", dirixida por David Moreau a partir da adaptación dunha banda deseñada para o cine. A verdade é que nos mantivo en suspense todo o tempo e que nos deu moito que debater á saída.

VER VÍDEO


Aproveitamos a viaxe a Compostela para facer unha visitiña ao museo das peregrinacións e para percorrer as rúas do casco histórico buscando informacións sobre a cidade para completar a nosa folla de ruta. O mellor de todo: cada tres etapas, un premio terrorificamente doce. E, ao final, trofeo para os mellores equipos.
Aprendemos unha chea de cousas e pasámolo suuuuper ben!

Música: "Possible", de Jeff Kaale.

AVISO DE RECOLLIDA DE TÍTULOS

No documento adxunto hai un listado de titulares que poden pasar a recoller este documento. Os títulos están á vosa disposición na secretaría.

Debe recollelos o titular provisto do Documento Nacional de Identidade (DNI) e de non ser posible hai que seguir estas instruccións.

 

ATENCIÓN ! NOVA EDICIÓN DO CALENDARIO

PROBAS DE ACREDITACIÓN DA COMPETENCIA LINGÜÍSTICA 2023-24

Convocatoria de axudas para facer as probas de acreditación de competencia lingüística en idiomas estranxeiros.

  • Destinatarias/os: Alumnado de 4º ESO, 1º BACH e 2º BACH.
  • Finalización do prazo de presentación da solicitude: 26/10/2023.
  • Importante: Deben imprimir e presentar a "Folla de compromiso"asinada na Secretaría do centro.

CONCURSO DE CABAZAS DO SAMAÍN 2023

Para aumentar o tamaño da imaxe, preme sobre ela

libros de texto curso 2023-24

O ALUMNADO DE ARTES CREA UN MURAL NA CASA DO CONCELLO DE VILAGARCÍA

O venres 22 o alumnado de 1º bacharelato de Artes foi o encargado de crear un mural nun acto organizado por CulturaActiva xunto co  Concello de Vilagarcía. O mural realizouse coa dirección de expertos en graffitti e cultura urbana da asociación Escola Vella de Noia e será o fondo do Acto Nacional dos Fondos Europeos que se celebrará hoxe 22 de setembro pola tarde na praza da II república con espectáculos diversos.

CONSULTA AS TÚAS SAÍDAS ACADÉMICAS E PROFESIONAIS

Para entrar fai clic na imaxe

COMEZAN AS FOLIADAS NO CARRIL !

atención ás familias 2023-24

Distribuir contido


by Dr. Radut