Skip to Content

Complementarias

EXCURSIÓN AOS ANCARES 2017

Nesta primeira semana de abril un nutrido grupo composto por alumnado de 2º curso do ciclo superior (TSAAFD) e por alumnado de 2º de Bacharelato realizou unha viaxe aos Ancares. O profesorado de ciclo e máis o de bioloxía e de xeoloxía que os acompañou quixo compartir estes momentos con eles e máis cun dos profesores do departamento de bioloxía e de xeoloxía que se xubila este ano: Manuel Chouza.

Esta excursión foi, en palabras do profesorado acompañante, moi proveitosa: unha boa caminata cun tempo espléndido e a sensación de ter aprendido moito de bioloxía e de xeoloxía combinada con moito exercicio físico. O comportamento do alumnado foi excepcionalmente bo.

VER GALERÍA DE FOTOS

EXCURSIÓN Á ANDORRA 2017

Un ano máis o alumnado de 4ºESO e de 1º Bacharelato puido disfrutar duns días de lecer practicando o esquí. Velaí tendes uns minivídeos e máis unha galería de fotos nas que se aprecia o sol marabilloso que lucía e o bo ambiente que reinaba no grupo.

VER GALERÍA DE FOTOS 

 

CONTACONTOS EN FRANCÉS

O noso contacontos, Samuel Mountoumnjou, naceu e criouse no oeste de Camerún, nunha aldea chamada Foumban, onde seguen vivas moitas tradicións e costumes ancestrais. Iniciouse na arte da narración oral sendo aínda adolescente da man dos seus pais e dos seus avós.

Actualmente afincado en España, Samuel , ademáis de narrador oral, é profesor de idiomas e mediador intercultural. A súa experiencia como docente axudoulle a perfeccionar as súas capacidades para a comunicación oral. 

Traballa para colexios, institutos, escolas de idiomas, bibliotecas, librerías, centros socioculturais, ONGs, e calquera outra entidade que o solicite. Participou en semanas interculturais, obradoiros de animación á lectura, festivais de narración oral e outros eventos culturais como o Día do Libro, o Día Internacional da Muller, o Día Mundial da Paz, etc. As súas linguas de traballo son o español e/ou o francés.

Achégase ao noso centro con “África conta”, un conxunto de contos, fábulas, parábolas e historias tradicionais que segundo el mesmo di son “contos para entreter que invitan a pensar”. Son historias cheas de calor e de cores que nos transportan ate as profundidades do continente e transmiten o espírito da África Negra. Para axudarnos a comprendela e a amala. E para axudarnos a comprender e a amar o francés, unha lingua moi viva que nos une.

VER GALERÍA DE FOTOS

PARTICIPAMOS NA HOMENAXE A JOSEPH BEUYS

A NOSA PARTICIPACIÓN NA HOMENAXE A JOSEPH BEUYS (19-5-2016)

O alumnado de 1º de Bacharelato Artístico contribuíu coa súa obra  “a árbore sentada”  á homenaxe  que diferentes centros de ensino do Salnés renden ao artista alemán Josefh Beuys  (1921-1986) con motivo da V semana internacional da Unesco pola educación artística. Unha homenaxe promovida pola directora da escola de arte do Liceo-Casino, Cristina Sierra-Villegas. 

 

Beuys está considerado como un dos país da arte conceptual e  ademais é o artista máis significativo e famoso do movemento neodadá Fluxus aínda que o seu maior logro foi a socialización  da arte, a preocupación por achegala a todo tipo de público é unha das súas grandes obxectivos.

Na súa obra incorpora obxectos de todo tipo, desde graxa e mel ata a súa propia xestualidade, coa finalidade última da defensa da natureza..

Isto explica que o tema da exposición, inaugurada  na rúa Castelao e trasladada  o día 20 a Cidade da Cultura de Santiago  teña precisamente como motivo nas 27 obras expostas a natureza a partir da utilización por parte de todos os participantes dos mesmos materiais: unha cadeira, unha cadeira de brazos, todo tipo de asentos de cor verde, cubertos de liques, carriza ou outros elementos vexetais. 

A obra exposta será portada  do libro Espazo verde do IES Carril.

EXCURSIÓN Á ILLA DE ONS

Excursión 1º e 2º ESO ( Ons, maio de 2016)

Ás 9:15  subimos aos buses que nos trasladaron ata Portonovo onde profesores, alumnos e guías embarcamos  para visitar a illa de Ons. A travesía foi espléndida pois  aínda que había ameaza de chuvia  tivemos sorte e  logo dunhas pingueiras o día clareou, fixo calor e incluso despois de comer puidemos baixar ata a praia para xogar, meter os pés na auga, ¡que fría estaba!,  e descansar. 

Dende a cuberta do barco, alí decidiron sentarse alumnos e profesores, gozamos da fermosa paisaxe da ría de Pontevedra  e incluso nalgún momento vimos: Ons de fronte,  Sálvora á dereita e Cíes á esquerda.

Chegamos a Ons sobre as 11:15 e acompañados por dous guías, un con cada  grupo, percorremos  a chamada “ruta do faro” que nos levou hora e media. Cada pouco faciamos algunha parada para que o guía puidese darnos moitas  e moi diversas explicacións sobre a illa tales como:   que administrativamente pertence ó concello de Bueu, que no inverno queda practicamente deshabitada, que ata o ano 899 foi propiedade dos reis de Galicia que a doaron ó arcebispo de Compostela, que a partir do s. XVI pasa a ser propiedade particular, que en 1982 foi transferida á Xunta de Galicia e que na actualidade forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, que os habitantes da illa nunca foron propietarios das súas terras, que hai multitude de lendas relacionadas coa “Santa Compaña”…. Tamén nos explicaron a importancia da pesca do polbo, que  Ons alberga unha importante colonia de aves mariñas tales como as gaivotas patiamarelas e  os corvos mariños cristados, que na actualidade está cuberta case na súa totalidade  por matogueira (toxo principalmente)….

Algúns alumnos  pensaban que visitariamos  o denominado “Buraco do Inferno” pero non foi posible pois este percorrido duns 6 Km levaríanos dúas horas e media.

As 17:00 embarcamos de novo ata Portonovo onde nos esperaban os buses nos que volvemos ao instituto, xusto cando remataban as clases.  

VER GALERÍA DE FOTOS

EXCURSIÓN Á CORUÑA DA SEMANA DA CIENCIA

(Fai clic aquí para ampliar a imaxe)

O alumnado participante na  I Semana da Ciencia puido disfrutar dunha excursión á Coruña. O percorrido consistíu na visita dos tres principais museos científicos da cidade:

        

Ademais tamén disfrutaron da fermosa paisaxe da costa desde a torre de Hércules. Velaí  vos quedan unhas imaxes do grupo e da paisaxe.

VER GALERÍA DE FOTOS

MAGE'16, EXPOSICIÓN ANUAL DO ALUMNADO DE ARTES

Acaba de clausurarse a exposición anual do alumnado de artes  do IES Miguel Ángel González Estévez que fora inaugurada o día 8 de abril na sala Rivas Briones. 

Impresión dixital, fotografía, instalacións multimedia, deseño, pintura e escultura son algunhas das modalidades artísticas das pezas expostas. Este ano participaron tamén exalumnos que xa están rematanmdo estudos superiores e que ven nesta exposición unha oportunidade única para dar a coñecer a súa obra.

O profesor Xosé Artiaga foi unha vez máis o encargado de levar esta empresa a bo porto. Podedes facer clic nos xornais para ler a nova.  

     

VER GALERÍA DE FOTOS 

(Preme sobre a imaxe para ampliala)

RUTA CASTELAO 2016

O DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA ORGANIZA UNHA VISITA AO MUSEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA.

Desde o ano pasado, 2015, celébrase o Día das artes o primeiro de abril. Na primeira conmemoración lembrouse a figura do Mestre Mateo; este ano o artista homenaxeado é A. Daniel Rodríguez Castelao.

A cidade de Pontevedra estivo sempre moi vencellada ao artista. Aquí chegou no 1916 como funcionario do Corpo de Estatística. É por iso que no Museo Provincial se uniron á festa da arte coa exposición 100 anos de Castelao en Pontevedra.

VER GALERÍA DE IMAXES

Nós acudimos co alunado de 1º e 4º ESO convidados polo concello de Vilagarcía de Arousa. Pasamos revista á produción artística de entre 1905 e 1920. A obra máis antiga é unha acuarela que asina co nome de Daniel Rodríguez C.; desde 1908 en todos os seus traballos a única sinatura é simplemente Castelao.

Puidemos ver obras de gran formato (A tentación de Colombina), pequenos debuxos e bosquexos xunto a autoretratos utilizando diversas técnicas, soportes e formatos, dependendo do cometido para o que foran pensados.

ROTEIRO DE ROSALÍA DE CASTRO

O Departamento de Lingua Galega e Literatura levou a cabo unha saída cultural cos estudantes  de 1º Bacharelato o 5 de abril de 2016 baixo o título “Roteiro de Rosalía de Castro”. O principal obxectivo desta actividade era achegar a figura e a obra da nosa grande poeta ao noso alumnado. Ademais esta escritora forma parte da programación neste curso.

 

(VER GALERÍA DE IMAXES)

 Pretendíamos visitar todos aqueles lugares, rúas, institucións que tiveron algo que ver coa súa vida e obra, mais eramos conscientes de que facer todo iso nunha soa xornada non ía ser posible polo que elaboramos un roteiro partindo do noso centro cara a Santiago.

En cada parada recitábase un ou máis poemas. Na lectura dos mesmos participaban todos/as os/as alunos/as. Foron especialmente emotivas ,a visita á Casa da Matanza; a lectura no cemiterio de Adina; a do poema “Campanas de Bastabales”, onde repenicaron as campás en exclusiva par nós; a visita á capela do Hospital Real e a ofrenda floral no Panteón dos Galegos Ilustres. Por falta de tempo tivemos que deixar atrás algún dos puntos sinalados no roteiro. Ao remate entrgóuselle ao alumnado un cuestionario para comprobar o grao de atención prestada aos comentarios feitos polo profesorado. 

A experiencia, en xeral,  foi positiva, o alumnado respondeu bastante ben ás expectativas que tiñamos . Moitos, a pesar da proximidade dos lugares a visitar, nunca foran á Casa Museo de Rosalía, non sabían onde quedaba Bastavales e tiveron a oportunidade de pasear por rúas de Santiago que non están dentro dos seus itinerarios cando se achegan a esta cidade. 

Departamento de Lingua Galega e Literatura.

GAÑADORES DO I CAMPIONATO DE XADREZ

Este ano celebrouse por primeira vez no noso centro un campionato de xadrez. O alumnado participaba por parellas e a competición desenvolveuse nos recreos.

Como sabedes, e por explicalo moi brevemente, este é un xogo de estratexia na que dous xogadores enfróntanse con 16 pezas cada un nun taboleiro dividido en cadros brancos e negros e colocado de xeito que cada xogador teña un cadro branco na esquina dereita.Cada peza móvese de xeito diferente. O obxectivo do xogo é atacar ao rei (xaque) e que este non poida saír da situación: isto chámase xaque mate. A partida tamén finaliza cando un dos xogadores se rende, abandona ou pasa do tempo establecido. Nese caso gaña o seu opoñente. O resultado é nulo cando non é posible que ningún dos dous xogadores gañe a partida.

VER GALERIA DE FOTOS

Así pois, este ano xa temos a parella de gañadores do campionato de xadrez: Eloy Fernández e Luís Diz. Parabens! Na seguinte galería podedes ver unhas fotos da emocionante final.

(Clic para ampliar)
Distribuir contido


by Dr. Radut