Skip to Content

2009-10

Material para métodos

No arquivo adxunto podes atopar datos da temperatura mundial do IPCC e da concentración de CO2.

No traballo debes contestar as seguintes preguntas:

1.- ¿Está aumentando a temperatura mundial? ¿Faino lineal ou exponencialmente?

2.- No caso de estar efectivamente aumentando a temperatura, ¿cando foi maior o aumento? ¿nas primeiras décadas do século pasado ou nas últimas?

4.- ¿Está aumentandoa concentración de CO2 na atrmósfera?¿Faino lineal ou exponencialmente?

5.- No caso de estar efectivamente aumentando a concentración de CO2, ¿cando foi maior o aumento? ¿nas primeiras décadas do século pasado ou nas últimas?

6.- ¿É lóxico afirmar, con eses datos, que o aumento da temperatura ten relación coa concentración de CO2?

Entroido 2010

 

 

Xa está lista a páxina do entroido. Fotos, vídeos e cousas diversas e divertidas.
Este ano foi ainda mellor cos anos anteriores: máis participación, máis disfraces, máis espectadores, máis actuacións, máis de todo.

Como sempre, se queres retirar algunha das imaxes ou dos vídeso nos que aparezas, só tes que comunicarllo a Manuel Rodríguez, profe de Mates.

Pulsa aquí para acceder á páxina.

Conferencias sobre o entroido

O noso compañeiro Ramón Brea, destemido conferenciante, fíxolle fronte a unha numerosa audiencia de alumnos dispostos a todo.
Non fixo falla recurrir á tralla, os alumnos protáronse estupendamente.  A calidade da exposición axudou e todos aprendemos moito sobre a orixe do entroido e as súas vicisitudes ao longo do tempo.
Tamén percorremos Venecia e Brasil para botar unha ollada aos entroidos daqueles lugares.

Benvida

Neste curso queremos dar un novo pulo a todas as actividades de normalización lingüística que estamos a desenvolver no noso centro e, o primeiro paso, foi crear un acceso directo na nosa páxina web.

Benvidos pois á páxina web do Equipo de Normalización Lingüística.

¿Quen somos?

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nestes tempos que vivimos, nos que a xente de todo o mundo viste igual, come a mesma comida rápida, ve os mesmos programas na televisión e escoita as mesmas noticias pode ser interesante pararnos uns instantes a reflexionar no que nos fai ser como somos.

Ese é o obxectivo que persegue o ENDL do centro coa axuda da Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía.

Magosto 2009

Grupo de baile

Entraba hoxe ao instituto cando, ao pasar cerca do despacho do dire, un arrecendo a chourizos fixo que a miña pituitaria fixese soar a alarma: é o magosto.

Xogos populares organizados polos rapaces do TSAAFAD, bailes e música, exposicións e conferencias e, para rematar, unha degustación de chourizos e castañas.

Neste ano non estivemos sós, os rapaces franceses do intercambio participaron nos xogos populares e poideron descubrir que esto da cultura celta é case universal (máis información en www.letourdecarril.wordpress.com).

Pulsa aquí para ver as imaxes do magosto.

Exposición de cogumelos

Este ano, a profesora de Bioloxía Charo Gómez organizou unha magnífica e ben ordenada exposición de cogumelos.


Imaxe da exposiciónPoidemos ver como medran, como se reproducen e espallan as súas esporas ou como se alimentan.
Incluso poidemos percibir o arrecendo a anís dalgúns deles ou o cheiro a descomposición que desprenden outros e que lles sirve para atraer as moscas que espallarán as súas esporas.

Pulsa aquí para ver imaxes da exposición.

Charla sobre os cogumelos

Xa é unha tradición: outono-magosto-cogumelos-Carlos Puga.

O profesor Carlos Puga volveu visitarnos para falar do asombroso mundo dos cogumelos, eses seres entre animais e plantas que nos rodean e que tan pouco coñecemos.

Os alumnos de bacharelato poderon disfrutar dos coñecementos e a paixón que Carlos lle pon a todo o que fai e, durante unha hora. escoitaron e viron as magnificas imaxes coas que ilustrou a súa conferencia.

Animarvos a todos a que poñades atención no que vos rodea e non deixedes de facervos preguntas: detrás de cada cousa, por insignificante que pareza, hai un fascinante misterio.Carlos Puga

Un público apaixonado

 
 

Presentación

Nesta páxina atoparás materiais e todo tipo de axudas para facilitar o teu traballo

Samaín 2009-2010

Os que vivimos de nenos nunha aldea, chegadas estas datas, baleirabamos cabazos, faciamoslles uns ollos e unha boca o máis horripilante posible e, cunha vela dentro, metiamoslle medo a todo o que se aventuraba pola noite polas corredoiras.  Pero eso foi cando a televisión non ocupaba a maior parte do noso tempo.

Era unha tradición ancestral, entre festa dos mortos e festa da colleita, que xa os celtas celebraban e que agora está empezando a recuperarse.

No centro fixemos un concurso de cabazos para meter medo. Os premios entregaranse na festa do magosto que tamén está a caer.

Pulsa aqui para ver as imaxes.

Distribuir contido


by Dr. Radut