Skip to Content

CONCENTACIÓN POR UN ENSINO PÚBLICO SEGURO E DE CALIDADE

Versión para impresoraVersión para impresora

Reunido o claustro o día 7 de xullo ás 10:30 decidiu adoptar as seguintes medidas de protesta, ante as condicións que se presentan para a organización do vindeiro curso:

1. Facer público o seguinte comunicado na páxina do centro, xunto ao escrito aprobado no claustro anterior do 30 de xuño de 2020.

2. Facer unha concentración o mércores 8 de xullo ás 11 horas fronte ao instituto para ESIXIR UN ENSINO PÚBLICO SEGURO E DE CALIDADE.

3. Difundir a través dos medios de comunicación as nosas reinvindicacións.

ANIMAMOS Á PARTICIPACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA: familias, alumnado, persoal non docente e profesorado unidos na loita pola saúde e a calidade do noso ensino.



story | by Dr. Radut