Skip to Content

AGARIMOSA ACOLLIDA DA NOSA CAMPEOA DO MUNDO DE PESCA MAR-COSTA

Versión para impresoraVersión para impresora

O martes 19 de febreiro incorporouse ás clases a profesora de francés Rosa López. Estivo 15 días ausente con motivo da súa participación no mundial de pesca costa-mar celebrado en Sudáfrica do que volveu coa medalla de ouro na súa especialidade.

Nun dos recreos alumnado que forma parte de asociacións de música e baile tradicionais quixo agasallala interpretando para ela unhas pezas de gaita e percusión. Pola súa banda, a directora do centro, Rosa Gómez, tomou a palabra para expresar a admiración que todos sentimos non só pola fazaña deportiva conseguida senón tamén polas suas calidades como profesora e como persoa. 

       

Desde o Instituto de Carril desexámoslle moitos máis éxitos na súa carreira deportiva!

Escoita a entrevista que lle fixeron o día 19 de febreiro en Radio Arousa, no programa Hoy por Hoy:

                     

Para ler a nova na prensa podes facer clic nas imaxes: 

                                                

                              

                         

   



story | by Dr. Radut