Skip to Content

EXCURSIÓN A BARCELONA DO ALUMNADO DE RELIXIÓN CATÓLICA

Versión para impresoraVersión para impresora

Do 16 o 21 de abril un grupo de 40 alumnos de ReCa (Relixión Católica) do noso centro e 16 do Bouza Brei, acompañados polos profesores Esther Dasilva, Begoña Barcala e Isabel Pérez de Carril e Manuel Cachaldora e Carmela do Bouza fixemos unha viaxe a Barcelona.

VER ALBUM DE FOTOS

Nesta viaxe coñecemos, o primeiro día pola mañá, Zaragoza. Sorprendeunos a grandiosidade da Basílica do Pilar e a fermosura de todos os monumentos que a bordean ademáis de ver o Ebro case desbordado. De aquí partimos para comer e visitar o Castelo Templario de Miravet. Cansos, voltamos ao noso hotel en Cambrils. Ao día seguinte esperábanos Barcelona.

O segundo día, estivemos no barrio gótico; o que máis nos gustou foi “Santa María do Mar”. Pola tarde, a visita central, o máis esperado de toda a nosa viaxe, “ A Basílica da Sagrada Familia”. Viñemos marabillados pola súa grandeza e luminosidade. Despois para ir baixando o ritmo á Casa Milá e o parque Güell, todas obras do xenial  Gaudí.

O terceiro día estivo adicado a PortAventura. Disfrutamos ao máximo das súas atraccións  e espectáculos. Ao sair do parque achegámonos a coñecer a parte antigua de Reus.

O derradeiro día,  fomos a Tarragona para coñecer a “Tarraco romana”, non nos decepcionou. Despois de xantar, emprendemos a viaxe de volta a Vilagarcía. Coas paradas obrigadas, entre elas, a de Sahagún,  nun pobo moi bonito. 

Chegamos a TIR as 4:30,  moi cansos pero moi satisfeitos da viaxe. 

Isabel, profesora de Relixión



story | by Dr. Radut