Skip to Content

VIAXE DO ALUMNADO DE RELIXIÓN 2016

Versión para impresoraVersión para impresora

 DIARIO DUNHA VIAXE: GRANADA, MÁLAGA E CÁCERES

(Para ampliar, clicc na imaxe)Tras unha longa noite de bus e algún ca outro contratempo chegamos sobre as 13:30 á Cueva de Nerja descuberta no 1959 por cinco mozos que saíran cazar morcegos no chamado Pozo de la Mina. Malia estar moi cansos, gozamos dela non só pola beleza das súas estalacticas senón tamén pola explicacións dunha guía moi marchosa que fixo entrañable a visita.

VER GALERÍA DE IMAXES

Sobre as 16:00 chegamos ao noso hotel, situado en Torremolinos, e logo de comer, repartir os dormitorios e deixar as maletas marchamos coñecer un dos portos máis visitados da Costa do Sol Puerto Marina, en Benalmádena, que algúns denominan unha pequena Venecia. Sobre as 21: 00 volvemos ao hotel e despois de cear saímos dar unha voltiña pola súa rúa máis transitada, S. Miguel, dende onde chegamos, logo dun longo percorrido, ata a zona de praias. De volta ao hotel puidemos contemplar unha fermosísima contrución neomudéxar de 1925 coñecida como Casa de las Navajas.

O mércores pasamos o día en Granada acompañados dunha guía, Teresa, moi amable. Pola mañá paseounos polo Albaicín, mostrounos a beleza da Alhambra dende un dos seus miradores, S. Nicolás, e acompañounos a través da Carrera del Darro ata o centro onde comemos. Ás dúas en punto estabamos diante da Alhambra onde nos esperaba a nosa guía para explicárnola, quedamos extasiados ante a beleza do Patio de los Leones. Ao rematar a visita levounos ata a Catedral onde contemplamos, no seu interior, unha pequena pero fermosísima escultura, a Inmaculada, de Alonso Cano, autor da súa fachada barroca que semella un Arco de Triunfo. Tras despedírmonos da guía e darlle as grazas polo día tan agradable e frutífero visitamos a Alcaicería, antigo zoco, onde aproveitamos para facer algunhas compras. Ás 20:30 regresamos ao hotel para cear e descansar.

O xoves visitamos Málaga, lugar de nacemento de Picasso. Acompañados dunha guía visitamos a Alcazaba, palacio-fortaleza da época musulmá, a catedral renacentista, coñecida como a “Manquita”, onde admiramos a sillería do seu coro obra de de Pedro de Mena e subimos ás bóvedas da misma (nós falariamos de tellados) desde onde contemplamos unha extraordinaria vista da cidade. A nosa última visita foi ao Museo Picasso, pequeno pero cheo de encanto e de obras fermosísimas, situado no renacentista palacio de Buenavista. Antes de volver ao bus para comer no hotel demos un rapidísimo paseo por algunha das súas rúas e prazas máis emblemáticas: Plaza del Obispo, Marqués de Larios, Pasaje de Chinitas… As 17:00 subimos de novo ao bus para visitar Puerto Banús (¡que iates!) e Marbella na que nos sorprendeu a beleza da súa Plaza de los Naranjos.

O venres foi día de retorno e de moitas horas de bus, chegamos a Vilagarcía sobre as 3:00 da madrugada pero aínda así tivemos tempo para comer en Cáceres e visitar o seu barrio monumental declarado Patrimonio da Humanidade en 1986. Non nos defraudou ninguna das súas fermosísimas prazas: Santa María, S. Jorge, as Veletas…

Esther Dasilva



story | by Dr. Radut