Skip to Content

O ALUMNADO DO TSAFAAD TRABALLA COS DISCAPACITADOS

Versión para impresoraVersión para impresora

(Para ampliar, clic na imaxe)                    GALERÍA DE FOTOS

(Para ampliar, clic na imaxe)O 18 de marzo tivo lugar un evento lúdico-deportivo no recinto feiral de “FEXDEGA” no que participou como organizador o alumnado do Ciclo Formativo de Actividades Fìsicas e Recreativas do Instituto Miguel Ángel González Estévez e como participante o alumnado da Asociaciòn Con Eles e do C.E.E. DE Vilagarcía de Arousa, ambolosdous  centros dedicados a alumnado con necesidades especiais. 

O obxectivo era facer una actividade diferente na vida diaria de todo o grupo , desenvolver no alumnado do ciclo a competencia para organizar unha xornada real integrado no módulo de “Actividades Fìsicas para persoas con Discapacidade“, fomentar a actividade física e o deporte en xeral establecendo relacións entre todos os participantes e, sobre todo, privilexiar o disfrute persoal.


Fexdega foi o lugar elixido tanto polas súas amplas instalacións (8000 m2) ademais dun gran espazo de aparcamento como polo seu fácil acceso, sendo un espazo de referencia para este tipo de eventos deportivos. As diferentes actividades estiveron atendidas por estudiantes do ciclo e en todo momento hubo una dotación de Protecciòn Civil no recinto ademais de todo o profesorado dos dous centros de educación especial.
As actividades propostas foron variadas e realizáronse en dúas horas: exercicios sobre colchoneta, globos, xogos populares, xogos motóricos, música e circuitos. Despois houbo deportes máis competitivos entre o alumnado del ciclo e alumnado doutros centros e tamén obradoiros de baile. Ademais os participantes puideron disfrutar dun pequeno refrixerio a media mañá ofrecido polos colaboradores do evento.
Queremos gradecer a Larsa, Clesa, Nestlé, Frutas Raibal, a Fundación de Deportes de Vilagarcia e Protecciòn Civil que fixeran posible este primeira xornada lúdico - recreativa que esperamos que teña continuidade en anos vindeiros.



story | by Dr. Radut