Skip to Content

RECIBIMOS A VISITA DE XABIER DÍAZ

Versión para impresoraVersión para impresora

O alumnado do IES O Carril recibiu esta mañá a visita do músico Xabier Díaz. O cantante e pandeireteiro, que vén de publicar o disco “Levantarse e caer”, aproveitou o encontro para facer unha reflexión sobre o paradigma do éxito, animando á adolescencia carrilexa a optar por vías ilusionantes e a perserverar no que realmente lles gusta.

No patio, nun ambiente de total intimidade e sen ningún tipo de amplificación, Xabier Díaz cantou para o alumnado do Carril e presentou os seus instrumentos de percusión tradicional predilectos: a pandeireta, a pandeira e o pandeiro cadrado; considerados moitas veces como intrumentos menores e que ofrecen, porén, un amplo abano de recursos de timbres e ritmos a quen os domina. Entre copla e copla, o artista reivindicou o valor do papel das mulleres como conservadoras e transmisoras da lírica tradicional galega.

Un grupo de alumnas e alumnos quixo sorprender a Xabier Díaz cantando con el a "Muiñeira de Limiñoa", e deste xeito animar ao resto a achegarse á música tradicional.

Foi unha mañá ben enriquecedora que deixou, con certeza, a súa semente en todas e todos.

Para ver o album de fotos, clic aquí

 

 

 



story | by Dr. Radut