ESTRUCTURA ORGANIZATIVA / ÓRGANOS DE GOBERNO DO CENTRO EDUCATIVO
Órganos unipersoais
Dirección
DIRECTORA: ROSA GÓMEZ CERDEIRA VICEDIRECTORA: ROSA LÓPEZ VILLAR SECRETARIA: EVA MOURIÑO LÓPEZ XEFE DE ESTUDOS: PABLO ALONSO SUÁREZ |
Órganos colexiados
Consello escolar (para máis información clic aquí)
Claustro
Composto por todo o profesorado e que se reúne periodicamente ao longo do curso para debatir e chegar a acordos sobre cuestións importantes para a boa marcha do centro educativo.
O claustro é complementado polo Consello de coordinación pedagóxica (CCP), composto polas/os xefas/es dos distintos departamentos didácticos..
Para garantir que todo o alumnado estea representado nos órganos de goberno a lei crea a Xunta de delegadas/os que ten como función debatir e consensuar propostas do alumnado que posteriormente serán elevadas á dirección do centro e ao consello escolar.
Artigo 6°
1. Os órganos de goberno velarán pola efectiva realización dos fins da educación, pola mellora da calidade do ensino e a configuración dun auténtico ensino galego, con total respecto ós principios e valores a Constitución española e do Estatuto de autonomía de Galicia.
2. Ademais, no ámbito da súa competencia, garantirán o exercicio dos dereitos recoñecidos ó alumnado, profesorado, pais e nais de alumnos e persoal da administración e servicios. Así mesmo, favorecerán a participación efectiva de tódolos membros da comunidade educativa na vida do centro, na súa xestión e avaliación.