Skip to Content

Debuxo

O BACHARELATO DE ARTES PARTICIPA NA HOMENAXE A LITA CABELLUT

O alumnado de Bacharelato de Artes sumouse á homenaxe realizada polos concellos do Salnés á pintora Lita Cabellut. Aquí están unhas fotos do acto e a nova na prensa local.

VER GALERÍA DE FOTOS

Para ler a nova na prensa fai clic no xornal: 

PARTICIPAMOS NA HOMENAXE A JOSEPH BEUYS

A NOSA PARTICIPACIÓN NA HOMENAXE A JOSEPH BEUYS (19-5-2016)

O alumnado de 1º de Bacharelato Artístico contribuíu coa súa obra  “a árbore sentada”  á homenaxe  que diferentes centros de ensino do Salnés renden ao artista alemán Josefh Beuys  (1921-1986) con motivo da V semana internacional da Unesco pola educación artística. Unha homenaxe promovida pola directora da escola de arte do Liceo-Casino, Cristina Sierra-Villegas. 

 

Beuys está considerado como un dos país da arte conceptual e  ademais é o artista máis significativo e famoso do movemento neodadá Fluxus aínda que o seu maior logro foi a socialización  da arte, a preocupación por achegala a todo tipo de público é unha das súas grandes obxectivos.

Na súa obra incorpora obxectos de todo tipo, desde graxa e mel ata a súa propia xestualidade, coa finalidade última da defensa da natureza..

Isto explica que o tema da exposición, inaugurada  na rúa Castelao e trasladada  o día 20 a Cidade da Cultura de Santiago  teña precisamente como motivo nas 27 obras expostas a natureza a partir da utilización por parte de todos os participantes dos mesmos materiais: unha cadeira, unha cadeira de brazos, todo tipo de asentos de cor verde, cubertos de liques, carriza ou outros elementos vexetais. 

A obra exposta será portada  do libro Espazo verde do IES Carril.

MAGE'16, EXPOSICIÓN ANUAL DO ALUMNADO DE ARTES

Acaba de clausurarse a exposición anual do alumnado de artes  do IES Miguel Ángel González Estévez que fora inaugurada o día 8 de abril na sala Rivas Briones. 

Impresión dixital, fotografía, instalacións multimedia, deseño, pintura e escultura son algunhas das modalidades artísticas das pezas expostas. Este ano participaron tamén exalumnos que xa están rematanmdo estudos superiores e que ven nesta exposición unha oportunidade única para dar a coñecer a súa obra.

O profesor Xosé Artiaga foi unha vez máis o encargado de levar esta empresa a bo porto. Podedes facer clic nos xornais para ler a nova.  

     

VER GALERÍA DE FOTOS 

(Preme sobre a imaxe para ampliala)

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN MAGE'15

Cartaz da exposición (arousatv.com)

A partires do 17 de abril queda aberta ao público a exposición MAGE'15, unha mostra de traballos realizados polo alumnado do Bacharelato artístico que cursa estudios no IES Miguel Ángel González Estévez de Carril. Á inauguración asistiu, ademáis do equipo directivo do instituto e do profesorado e do alumnado responsable da exposición, a concelleira de cultura representando ao Concello de Vilagarcía, dona Rocío Llovo. Animamos a todo o mundo a visitar a exposición que estará aberta ata o 10 de maio.

VER GALERÍA DE FOTOS DA INAUGURACIÓN

LER A NOVA NA PRENSA:   Diario de Arousa

         Instantanea do acto de inauguración

 

PERFORMANCE DO ALUMNADO DE ARTES

(clic na foto para ampliar)

     O alumnado de artes realizou unha performance o 3 de marzo no edificio do Centro de Interpretación da Ría de Arousa (CIRA), situado na praia Compostela. Nesta foto podemos ver o resultado da actividade que pretendía ser unha reflexión sobre a paisaxe natural e humana.

SETEMBRO 2014

DEBUXO TÉCNICO I.

A proba extraordinaria  de setembro consistirá nun exame similar en forma e dificultade ós realizados durante o curso. Constará de exercicios correspondentes ós contidos dos tres trimestres. 

En conserxería pódense coller unha serie de láminas, similares as realizadas na clase durante o curso. O alumnado poderá presentalas o día do exame de setembro. A entrega destas láminas é opcional e suporá o 20% da nota final. 

É aconsellable entregalas pois a súa realización reforzará os contidos e pode supor una valoración positiva a engadir á nota do exame. De non entregar este traballo optativo, a avaliación realizarase unicamente mediante o exame. 

 

Enlaces:      http://www.scoop.it/t/debuxo-tecnico

En el aula virtual apuntes de diédrico (entrando como invitado). 

 

 

Enviado por Maika Fdez

Blog de VOLUME

 

 

Enviado por Maika Fdez

EXPOSICIÓN BACHARELATO ARTÍSTICO

O alumnado de 2º de Bacharelato de Artes realizou un traballo gráfico que estivo exposto no centro. Cada alumno reflexionou sobre a situación actual e elaborou un cartaz que responde á pregunta "Como están as cousas?". O resultado é este que podedes ver a continuación. Parabéns.

 CLIC NA IMAXE PARA VER A EXPOSICIÓN 

PREMIO DE BANDA DESEÑADA PARA TATIANA SANTIAGO

A alumna de 2º Bacharelato Artístico Tatiana Santiago Solla foi premiada no II Certame de Banda Deseñada AXI convocado polo IES Arcebispo Xelmírez I, a Asociación Cultural Colectivo Xelmírez e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.            (Para ampliar, clic nas imaxes)

A nosa alumna obtivo o 2º premio na categoría de maiores de 16 anos polo traballo "A Pedra". O acto de entrega do premio celebrouse o martes 10 de maio na biblioteca do IES Arcebispo Xelmírez I en Santiago de Compostela. Parabéns, Tatiana.

 LER A NOVA NO SITIO WEB DO IES ARCEBISPO XELMIREZ I

HOMENAXE A GARCÍA LORCA DO BACH. DE ARTES

Conmemorando os 115 anos do nacemento de Federico García Lorca, o alumnado de artes elaborou o seu particular homenaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut