Actividades da biblioteca

25/11 DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO

img00002

Charla sobre DOAZÓN E TRANSPLANTES

Os alumnos de 3º ESO participan na Charla sobre DOAZÓN E TRANSPLANTES que organiza o departamento de Ciencias Naturais e o de Orientación do centro. A charla e levada a cabo pola OCT (Oficina de coordinación de trasplantes  do Servizo Galego  de Saúde). A charla é impartida por Marta Álvarez da OCT e por Dolores  unha muller que foi transplantada de fígado fai 12 anos, e que ven a contar a súa experiencia  aos alumnos. 

14-15 CHARLA DOAZON (01)

Club de Lectura. Festa de Remate

DÍA DE BEN E MARABILLA.DOZURA DE LETRAS E COMPLICIDADES


O martes 17 a paso de moita ilusión, indo do IES ao Recreo Cultural da Estrada, onde fomos marabillosamente recibidos, chegamos a golpe de calor e cos corazóns a cen para mergullarnos nas augas frescas da piscina e de seguido entre colegas demos conta dun xantar guapo e ben servido. Pola tarde logo do baño, tivemos contactos para traballarmos nunha enquisa-valoración dos CLUBES DE LECTURA deste curso 2014.Todo foi percorrendo entre amabilidades e pensamentos. Foi fermoso e iso demostra, así o fixemos notar, que a LECTURA é un facer fermoso, necesario e libre (vamos, porque che peta).Quen non le…non sabe o que perde, pero dentro do respecto…alá el ou alá ela.
Este ano pechamos con portas abertas as actividades e propostas dos nosos TRES CLUBES DE LECTURA do noso IES.Un adicado ao Teatro, outro á Narrativa e Poesía e o outro ao Cine.
Miremos aos tempos que virán e teñamos un lugar guapo e disposto para facer lectura de frescura que é algo cheo de esperanza, de liberdade, de amor, de complicidade. Todo ha ser 

Presentación da revista viva NÓS de NÓS

Día da poesía, 2014

Actividade realizada no IES Nº 1 da Estrada para conmemorar o pasado 21 de Marzo o DÍA INTERNACIONAL DE POESÍA, está promovido polos equipos de Dinamización da Lingua Galega e de Biblioteca do Centro, e como sempre, co alumnado como bandeira.

 

Día internacional das bibliotecas

Entrega dos carnets de biblioteca, curso 13-14

Hoxe entregamos os carnets de bibloteca ao alumnado que se incorpora este ano ao IES Nº 1. 
Agora.... tócalle a eles usalos sen mesura, mentras ler e educarse siga sendo un ben público e gratuito.


Memoria das actividades da biblioteca, 2012-13

O alumnado de 1º recitando a Rosalía de Castro

Excursión de 1º ESO a Santiago

En recordo de Rosalía de Castro

Traballo do alumnado de 1º ESO en memoria de Rosalía de Castro e de tantos e tantos estradenses que, no seu día, tiveron que deixar casa e familia.

Charla de Anxo Angueira sobre Rosalía

Rosalía convida na Biblioteca

Na biblioteca do noso Centro, estos días Rosalía de Castro convida a súa mesa ao alumnado para empacharse de poesía


Día escolar da Paz e a Non Violencia

Gandhi. Día escolar da paz e non violencia

Publicación da biblioteca do Centro para conmemorar a celebración do día escolar da paz e non violencia

 

25 Novembro. Día Internacional contra a Violencia de Xénero

VIOLENCIA DE GENERO copia

24 de Outubro. DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA

Normas de funcionamento da BIBLIOTECA

Caravana Vilamor

Charla sobreo a realización, guión, a rodaxe, o equipo técnico, etc da película VILAMOR, que se estra na Estrada o vindeiro venres 27 de Abril

vilamor

Distribuir contido