ENTRADAS E SAÍDAS

A partir do próximo luns, 28 de marzo, elimínase a medida que establecía dúas quendas diferentes nas entradas e saídas.

Por tanto, a partir de agora vólvese ao horario vixente na época anterior á pandemia, tal e como se detalla a seguir:

 

  • 8:40 h.: timbre de entrada de todo o alumnado nas aulas correspondentes.
  • 8:45 h.: timbre que marca o inicio das aulas.
  • 14:25 h.: timbre de saída para todo o alumnado.

Os martes á tarde, temos:

  • 16:25 h.: timbre de entrada para o alumnado.
  • 16:30 h.: timbre de inicio de aulas.
  • 18:10 h.: timbre de saída.

Esta medida tómase logo do novo protocolo ante a Covid establecida polas consellarías de Sanidade e de Educación.