Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O venres, 24 de novembro, participamos os tres institutos da Estrada nunha concentración conxunta contra a violencia de xénero. O noso IES, que se sumara á campaña "En negro contra a violencia", colocou carteis en distintos lugares do centro e animou a toda a comunidade educativa a participar, traendo ese día una prenda negra. O día comezou coa chegada a Radio Estrada, onde dúas alumnas de 4º de ESO do noso IES leron o manifesto que elaboraran. Déixovos abaixo o enlace para que o vexades. Paga a pena ver como a conciencia prende na rapazada! Na concentración estaba previsto cantarmos todos xuntos una canción contra o maltrato, pero as condicións meteorolóxicas o impediron. Tras a concentración silenciosa, o alumnado do 2º ciclo acudiu á Academia de seguridade para escoitar una charla de Inés Vidal, profesora do IES Losada Diéguez con ampla formación no tema do maltrato á muller e no maltrato entre adolescentes. Tras proxectar uns vídeos, provocouse un interesante debate. Por outra banda, o alumnado do 1º ciclo desenvolveu no instituto diversos talleres de concienciación sobre a violencia machista: vídeos na biblio, xogo de rol, mensaxes con globos... En definitiva, foi un día intenso!

17-18 11 violencia de xenero  (9)