INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Un ano máis, queremos recibir ao novo alumnado na nosa Biblioteca e por iso convidámosvos a vir o luns, 24 de outubro, a un acto que celebraremos alí para todos vós.

 

Terá lugar na propia Biblio, no 1º recreo, e tras a apertura simbólica entregaremos os carnés aos novos alumnos e alumnas. Ademais,  todos os que veñades ese día a acompañarnos no acto recibiredes un pequeno agasallo. Para celebralo,  contaremos coa presenza do mestre e escritor David Otero, que dará unha pequena charla de benvida. Así mesmo, amosarémosvos uns pequenos vídeos nos que a poeta Dores Tembrás e o escritor Héctor Cajaraville explican o que para eles significan os libros e as bibliotecas.

 

Agardamos a vosa presenza!

  

 

16-17 biblioteca inauguración  (5)