25 de novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero

O 25 de novembro fué declarado día Internacional contra a Violencia cara á muller no Ier Encontro Feminista de Latinoamérica e do Caribe celebrado en Bogotá (Colombia) en xullo de 1981.

Neste encontro as mulleres denunciaron a violencia de xénero a nivel doméstico e a violación e o acoso sexual a nivel de estados incluíndo a tortura e os abusos sufridos por prisioneiras políticas.

Elixiuse o 25 de novembro para conmemorar o violento asasinato das irmás Mirabal (Patria, Minerva e Maria Teresa), tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 en mans pola policía secreta do ditador Rafael Trujillo na República Dominicana.

Os seus cadáveres esnaquizados apareceron no fondo dun precipio. Para o movemento popular e feminista de República Dominicana historicamente estas mulleres simbolizaron a loita e a resistencia.

En 1999, a ONU deu caracter oficial a esta data

 

 

25 de 9mbro ( a voz de muller toda igualdade)

Pois de primeiras na celebración do 25 de 9mbro contra a violencia de xénero, a prol da igualdade, queremos chamar, rogar, á intervención de todas e de todos. Faise necesario. Comezou por mor do asasinato en 1960 das irmás Mirabal ( Patria,Minerva e María Teresa) a mans da policía segreda do dictador Rafael Trujillo na República Dominicana e logo no Iª Encontro Feminista celebrado en Bogotá ( Colombia) en 1981.A ONU deulle carácter oficial a esta data en 1999. Velaí que van doce anos de amargo sabor de todos os días, pois un vai e outro tamén, co mesmo lerio,  onde a muller é víctima do poder e do dominio masculino ( o masculino sobre o feminino, machismo, e nada ou ben pouco de igualdade). Velaí que son as mulleres quen deben ser os motores principais de cambio cara á igualdade e así de primeiras entre outras cousas debemos reivindicar enerxicamente unha educación plena, inclusiva, que permita conformar e construír a identidade  esencial de cada quen para concorrer integralmente na igualdade. Para iso hai que actuar con liberdade, de forma independente, valorando a superación de dificultades, relacionarse e integrarse en igualdade de forma participativa ( non hai outra), reivindicando intensamente unha educación non sexista e non discriminatoria. De todas e de todos é ben sabido que se considera violencia contra a muller todo acto baseado en selo, muller, que teña como resultado un mal ou un sufrimento físico,sexual ou psicolóxico, incluíndo niso ( faltaría máis!) as ameazas de tales actos, a privación de liberdade, tanto se son producidos na vida pública como na privada.Teñamos en conta que se elas non teñen unha vida boa, libre, feminina, eles por moito que traten de aparéntalo tampouco serán felices. Faise necesario vivir e visibilizar a igualdade en todos os tempos e con todos os tempos, pois hai moito que construír para que o fagan eles soamente. Velaí dicimos que “ teño que ser eu para sermos nós de verdade”. Por iso velaí o que escriben as mozas e os mozos: “ Mírame que eu non son o teu monicreque, que eu quero voar soa ( e non teño porque che pedir permiso), que os corpos expresan e cada corpo expresa e eu expreso. E o meu corpo ten unha linguaxe propia. Recordas o ben que se sentían os nosos corpos  ( direi que ata polo aire que cubría todas as palabras). E así foi que a miña cabeza levoume contigo e os meus seguírona. E así foi , maltratador, como me equivoquei terriblemente e que o meu corpo xa non sente nada máis que dolor,nin entende nada, máis que dolor ( direi que ata polo aire que xa non cobre nada as nosas palabras e que as afoga…)”.

O 25 de novembro non é un día de consumir. A igualdade non é un momento e moito menos unha representación, pois temos que ser singulares, ser nós e así visibles e plurais, eu e ti…nós.

David Otero, mestre e escritor.

 

 

 

 

Presentacións de Lourdes Arias no curso 2008-09.