A prohibición dos móbiles nos centros educativos a debate

Os grupos de oratoria do IES Antón Losada Diéguez e do Nº 1 volveron encontrarse na mañá de onte, mércores 20 de decembro, para debater sobre un tema de actualidade que está a xerar moita controversia: a prohibición do emprego dos teléfonos móbiles nos centros escolares.

A posición a favor da prohibición foi defendida por Claudia Carrasquel, Tomás Barros e Óscar Montáns, do Losada, e posicionados en contra da prohibición interviron Lía Expósito, Alba Moimenta, Ana Dorelle, Manuel Caramés e Lucía Brandariz, do Nº 1.

Esta actividade é impulsada polos Departamentos de Lingua Castelá de ambos centros, en concreto polos profesores Esteban Folgar e Mónica Souto, e tivo un primeiro encontro no pasado mes de novembro