Os taboleiros de xadrez regresan á Biblioteca

Un curso máis, o Xadrez volve reunir un bo grupo de alumnos e alumnas durante os recreos na Biblioteca da man de Roberto, o profesor da actividade. O Xadrez, ao igual que o teatro escolar, veñen ocupando un lugar destacado no programa de actividades do centro como unha vía para fomentar as habilidades e as capacidades necesarias para propiciar tanto o desenvolvemento académico como social.
 
 
Esta iniciativa foi merecedora no curso pasado dunha bolsa concedida polo Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados (Ingada) e a Fundación María José Jove ao mellor proxecto educativo vinculado ao alumnado que padece trastorno por déficit de atención e hiperactividade. 
 
Así que xa sabedes, se aínda non vos animastes a participar, os taboleiros e os/as xadrecistas agardan por vós na Biblioteca.