Galego de premio

O Premio especial do xurado do popular programa da TVG #DígochoEu na categoría de centros de secundaria veu para A Estrada da man de Brais, Pedro e Noemi polo traballo O tempo xa vén feito!. Noraboa!
 
A gala tivo lugar o martes 16 de maio, véspera do Día das Letras Galegas, na Cidade da Cultura e a ela acudiron máis de 700 nenos e nenas de 20 centros escolares, entre os que resultaron premiados colexios de Santiago, Ferrol, Pontevedra, Quiroga, Cangas, A Fonsagrada e As Neves. Tamén se resolveu o concurso Unha canción para Esther, gañado por King Kids, co tema "Dígocho Eu". 
Como se relata nesta nova de La Voz de Galicia, no vídeo "O tempo xa vén feito" Brais, Pedro e Noemi "utilizan algunhas expresións relativas á meteoroloxía para ensinar como empregar correctamente a nosa lingua", pois «o frío non se fai, xa ven feito». Por iso, "cando dicimos que 'fai calor' estamos usando un castelanismo" que debemos substituír "polo verbo ir e non o verbo facer, copia do castelán".