"Un debuxo. Unha ilusión", por Suso Pardal

Fotografía de Miguel Souto para La Voz de Galicia
Suso Pardal, alumno de 2º ESO, mostrará os debuxos que realizou durante as etapas que estivo internado no Hospital Clínico de Santiago. A exposición benéfica poderá visitarse este sábado e domingo no Café Bar Casa Pernas de Pontevea (Teo) e a inauguración de "Un debuxo. Unha ilusión" terá lugar ás 12.30 horas. Os fondos recadados irán destinados á Asociación de Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG).
Noraboa, Suso, es todo un exemplo. Non deixedes de ler a súa historia neste artigo de La Voz de Galicia asinado por Patricia Calveiro.

22-23 Expo Suso