As recomendacións lectoras de Noa e Lía

As recomendacións lectoras de Noa e Lía

Con motivo do Día do Libro, Noa Cabaleiro e Lía Expósito, alumnas de 2º ESO que forman parte do Clube de Lectura e do Grupo de Teatro do noso centro, acudiron ao programa "Mañás do sábado" de Radio Estrada para falar de libros e literatura na sección "Recuncho da Lingua".
Dúas foron as propostas lectoras que nos fixeron: "Pioneiras" e "Pioneiras 2", libros ilustrados publicados na colección Merlín de Xerais a cargo de Anaír Rodríguez. As ilsutracións correron a cargo de Nuria Díaz e Abi Castillo, respectivamente.
Son dous libros que recollen a biografía de dúas ducias de mulleres "galegas que abriron camiño", pois racharon as barreiras que impedían as mulleres transitar por ámbitos (medicina, política, deporte, ciencia...) até entón vedados ao xénero feminino. Sabedes quen foi Irene González? Pois para coñecela tedes que escoitalas a partir do minuto 31'50''.
Así mesmo, Lía e Noa participaron no Parladoiro Musical que o pasado xoves 13 trouxo ao Teatro Principal a Marilar Aleixandre, Premio Nacional de Narrativa por "As malas mulleres", novela sobre a que preguntaron e conversaron cunha das autoras máis recoñecidas do noso panorama literario.