Mamá, quero ser Ziggy Stardust

 
O club de lectura de lecturas inclusivas e pola diversidade de 1 e 2 da ESO reuniuse o pasado martes 28 de febreiro e voltou reunirse este martes 11 de abril para manter unha segunda sesión arredor da novela "Mamá, quero ser Ziggy Stardust ", da escritora Iria Misa e ilustrada por Alba Barreiro. Esta novela foi finalista  do Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade. Velaquí un fragmento da información editorial:
 
“Aine contaba nove anos a primeira vez que viaxou cos seus pais de vacacións. Naqueles días, ademais de percorrer a cidade, visitaron unha exposición. Era sobre unha estrela de rock que mudaba de aspecto coma os camaleóns. Un arreguizo estraño percorreulle o corpo cando se fixou na roupa que vestía, pois non soubo se era de home ou de muller. Emocionouse ao ver que tiña o cabelo roxo, tan semellante ao seu. Escoitou aquela canción que falaba dun extraterrestre que só quería cantar e bailar e tivo unha revelación: Aine, de maior, sería igual que Ziggy Stardust”.
 
Ademais de coñecer máis a Iria Misa (presentación), os mozos e mozas do club Diversxs descubriron a figura de David Bowie e o seu personaxe Stardust, referentes imprescindibles desta novela (vid. artigo sobre Bowievideoclip e tráiler do biopic sobre o cantante). Tamén refrescaron pasaxes e feitos da novela xogando a esta ruleta de palabras (Aula Virtual - Biblioteca - Clubs) e puxeron en común a historia de Aine.
AdxuntoTamaño
Ruleta Ziggy.JPG87.54 KB
Presentación_Iria_Misa.pdf489.51 KB