Enquisa "Estudo de investigación sobre a situación da muller no mundo laboral"

O alumnado de 4º ESO vai desenvolver nas próximas semanas o proxecto de investigación Estudo sobre a situación da muller no mercado laboral na contorna do IES Nº 1 da Estrada para as materias de Historia, Economía e Lingua Galega.

Por iso, pedimos a colaboración das mulleres en idade laboral (nais, tías, irmás, primas, amigas, veciñas, etc.) da nosa contorna para que cubran a seguinte enquisa (https://forms.gle/S4gGjge8GCS3k3EWA), que só leva uns minutos e é totalmente anónima: os seus resultados serán analizados e difundidos no seu conxunto, nunca detallados nin personalizados.


Así mesmo, animamos a que difundan a enquisa entre os seus contactos para alcanzar un bo número de respostas. Pódese acceder tamén a través da páxina web do centro e das redes sociais.

As rapazas e rapaces de 4º ESO agradécenvos por adiantado a vosa colaboración.