Visibilizar a diversidade afectivo-sexual

A novela 22 segundos, de Eva Mejuto (presentación de apoio), foi escollida para comezar a andaina do Club de Lectura Igualdade, cuxas propostas xirarán en torno a problemáticas relacionadas coa violencia de xénero, a igualdade e a diversidade afectivo-sexual. 

Nesta primeira xuntanza do 20 de decembro, que reuniu un dos grupos de alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO, foi coordinado pola profesora Mónica Places coa colaboración de Beatriz e Mónica Mato, e na conversa tratouse a realidade que vive a mocidade trans, que medrou sen referentes e que compartiron as súas experiencias coa autora. O coloquio foi enriquecedor e as persoas asistentes foron quen de, dende a empatía e o respecto, aproximarse ás vivencias daquelas personas que non encaixan nos moldes sociales preestablecidos e que teñen experiencias de vida diversas, especialmente nunha etapa da vida na que se suceden máis mudanzas e que se vive con maior intensidade.

Ademais, este grupo tamén compartiu a lectura da novela gráfica Subnormal, que xa fora posta en común polos seus compañeiros e compañeiras doutro dos grupos de 1º ciclo. Na reunión do 24 de xaneiro repetiron as dinámicas de traballo sobre esta lectura e, igual que aconteceu antes, coñecer o testemuño de Patxi Zubizarreta en primeira persoa impactounos moito.

22-23 Clubs de Lectura Subnormal 2 grupo

AdxuntoTamaño
Eva_Mejuto_22segundos.pdf604.46 KB