PREMIOS DO CONCURSO DE RELATOS DE TERROR. SAMAÍN.
O pasado 20 de decembro entregáronse os premios aos gañadores do concurso de relatos de terror, convocado para celebrar o Samaín.
O primeiro premio foi para Jorge Lobato Vázquez, co relato titulado O ciberasasino.
O segundo premio gañouno Ánxela Fernández Otero, con A imaxinación dunha humana.
Finalmente, o terceiro premio entregóuselle a María Suárez Fontao, con Lucía, a vella muller.
VISITA Á POTABILIZADORA E DEPURADORA DO CONCELLO
O pasado xoves 5 de decembro de 2019 o alumnado de 1º da ESO do IES de Monterroso visitou a potabilizadora e depuradora do concello.
VÍDEO DE PRESENTACIÓN DO CENTRO. PROXECTO ETWINNING.
A continuación podedes ver o vídeo seleccionado entre varios realizados por alumnos de 1º de Ciclo Medio e 1º de FP Básica para a presentación do noso centro no proxecto eTwinning no que están a participar
“Letras Galegas 2020. Ricardo Carvalho Calero” nos módulos de "Aplicacións Ofimáticas" e "Ofimática e Arquivamento de documentos" ao longo deste curso.
O vídeo foi realizado por Georgi, alumno de 1º de Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes.
EXPOSICIÓN DE TRABALLOS
No recibidor no instituto podemos ver unha exposición de traballos realizados polo alumnado de 2º ESO A na clase de Tecnoloxía.
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Para conmemorar este día, o alumnado de FPB preparou uns traballos que están expostos no recibidor do instituto.
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Na semana do 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero en colaboración co Concello de Monterroso, co CEIP de Monterroso e co CEIP de Antas de Ulla, tal e como vimos facendo dende hai uns anos.
O día 25 o alumnado de 4ª ESO e 1º de Bacharelato tivo a oportunidade de participar nunha charla, organizada polo departamento de Orientación, sobre a prevención da violencia de xénero.
O mesmo día, o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO desprazouse ata o CEIP de Monterroso para participar nun partido solidario.
Alumnos e alumnas de primaria e secundaria leron diferentes manifestos contra a violencia de xénero. Acto seguido gardouse un minuto de silencio e finalmente rapaces e rapazas do CEIP de Antas de Ulla, do CEIP de Monterroso e do noso centro xogaron varios partidos.
O xoves 28 de novembro o alumnado de 2º ESO reuníuse na Biblioteca para participar nunha lectura de poemas nas diferentes linguas que se imparten no centro: castelán, galego, inglés e francés. Os textos seleccionados tiñan como tema común a igualdade.
O venres 29 de novembro o alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato asistíu a unha representación teatral no Centro Sociocultural de Monterroso. A obra, Mariposas negras, foi patrocinada polo Concello de Monterroso.
Ao tratarse dunha sesión de teatro foro, o alumnado tivo a oportunidade de opinar, preguntar e incluso participar na propia representación.
Ademais, os alumnos e alumnas de 3º ESO B realizaron na materia de Artes Plásticas traballos contra a violencia de xénero que están expostos no recibidor do centro.
EXPOSICIÓNS DE TRABALLOS SOBRE YAYOI KUSAMA
No recibidor do instituto están expostos os traballos que o alumnado de Artes Plásticas realizou sobre Yayoi Kusama.
Estes traballos están inscritos dentro do Proxecto Interdisciplinar "Mulleres na sombra", no que participan distintos departamentos do centro.
Homenaxe a Margarita Salas
Con motivo do falecemento de Margarita Salas, unha das científicas españolas máis importantes da historia, o alumando das materias de ciencias de diversos cursos do IES de Monterroso elaborou un mural sobre algúns dos logros, premios e momentos da vida da homenaxeada que durante os próximos días se poderá ver na entrada do centro.
O IES de Monterroso apadriña a Lemba
Despois dunha consulta realizada no IES de Monterroso a principios de curso, o alumando do centro acordou por maioría apadriñar durante o curso 2018-19 a LEMBA. O resultado das votacións e as noticias sobre a nosa afillada poden ser consultados nun mural que durante os vindeiros días permanecerá na entrada do noso centro.
Recordámosvos a todos e a todas que podedes seguir traendo teléfonos móbiles estragados ou en desuso para poder apadriñar outro chimpamig@ o vindeiro curso.
O SISTEMA SOLAR
No recibidor do instituto pódese ver a exposición de maquetas do sistema solar realizadas polo alumnado de 1º ESO na asignatura de Bioloxía.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »