Excursión a Begonte e Lugo

O martes 18 de decembro o alumnado da materia de Relixión realizará unha visita ao belén de Begonte e a catedral de Lugo. De forma opcional, os alumnos poderán subir ás cubertas do edificio. A saída será ás 8.40 h do IES e a chegada calcúlase sobre as 14.10 h da tarde para que os alumnos poidan coller o bus de volta a casa.


A actividade está organizada polo Departamento de Relixión. Os profesores acompañantes serán Ana De Azevedo e Miguel Rico.