Feira do queixo

Os días 15 e 16 de febreiro os alumnos e alumnas do IES Monterroso puideron disfrutar de dous actividades encadradas na "Feira do Queixo" que se celebra a fin de semana no noso concello.

A primeira actividade "Obradoiro de queixo" reuniu a maior parte do alumnado de 3º ESO que, cunha gran ilusión e non pouca pericia, iniciouse na elaboración artesanal de queixos baixo a supervisión de "Diqueixá".

 

Facendo queixo

 

Para algúns alumnos era a primeira vez; para outros, sen embargo, como ben se puido apreciar no resultado final, a arte dos queixos estaba practicamente dominada xa que desde pequenos axudaron a facer estes labores nas súas casas.

 

Facendo queixo

 

A segunda actividade "Cata de queixos" reuniu a alumnos e alumnas de maior idade, os de 4º ESO. A explicación e práctica da arte da cata correu da man de Marisé Mosteiro Zapata, representante da Denominación de Orixe "Queixo de Tetilla"; de Ángel Ramil Costal, da Denominación de Orixe San Simón da Costa; e de Óscar Pérez Ramil, da denominación Arzúa-Ulloa.

 

Cata queixo

 

Os alumnos recibiron consellos prácticos para coñecer texturas, olores e sabores dos queixos de Galicia. Un verdadeiro pracer.