Actividades Extraescolares

Campaña de Doazón de sangue 2014

Campaña de Doazón de sangue 2014

                                                                           

O mércores 19 de febreiro no aparcadoiro do instituto de 10:30 a 14 horas e das 16:30 a 21 horas estará instalada a unidade móbil para poder doar sangue. Organizado polo Centro de Transfusión de Galicia

O obxectivo é sensibilizar á comunidade educativa do centro da importancia de participar nas campañas de doazón de sangue como un acto seguro e necesario para que moitas persoas poidan soluciona-lo seu problema de saúde, e mesmo, salva-la vida. Trátase de participar de forma altruísta e voluntaria en inciativas que melloren a saúde e calidade de vida dos cidadáns.

O martes 18 de febreiro houbo charlas informativas polas aulas á cargo de Alicia Figueiras, técnica do Centro de Transfusión a@s alumn@s posibles donantes.

   

Concentración da comunidade educativa contra a violencia machista

Concentración da comunidade educativa contra a violencia machista             XOVES 16 DE FEBREIRO ÁS 12:05 horas

A Dirección do IES Monte Castelo convoca a Comunidade educativa do centro á unha concentración mañá, xoves 16 de febreiro, en sinal de repulsa contra a violencia machista, en particular os asasinatos de María Adela López Ramos de 72 anos e a súa filla María José Suárez López de 45 anos, que tiveron lugar onte, 14 de xaneiro, en Cervo.
A concentración terá lugar ás 12:05 horas (coincidindo co segundo recreo da ESO), e rematará coa lectura dun comunicado de condena.

Recollida de alimentos

Recollida de alimentos no IES Monte Castelo ata o día 15 de decembro.

     Colabora!!

Mosaico

UN MOSAICO QUE INVITA A LER

A Asociación de enfermos mentales donou unha das súas obras ó IES Monte Castelo. Trátase dun mosaico que elaboraron eles mesmos nun taller e que está situado na entrada da biblioteca do IES Monte Castelo. O mosaico entregado representa un zapato de moitas cores que invita á lectura, de ahí a súa colocación na porta da biblioteca do instituto.

Novembro 2013

 
 
 

 

Comezo do curso académico 2013/2014

Comeza un novo curso académico 2013/2014 con diversas actividades:

 

   
   

Trivial Feminista

O Observatorio da Mariña pola Igualdade fixonos entrega dun exemplar do Trivila Feminista. xogo coeducativo no que as preguntas foron elaboradas coa participación de 10 centros da Mariña, entre os que se atopa o IES Monte Castelo.

Ademais está previsto un campionato mariñá de Trivial Feminista cos 10 centros que participaron na súa elaboración para o próximo curso 2013-14.

http://observatorioigualdade.org/inicio/index.php?option=com_content&view=article&id=149:axenda-feminista-2013-escritoras-galegas&catid=3:campanas&Itemid=3

Sesión de Maxia e Ilusionismo a cargo do mago Senín

O mércores 29 de maio haberá unha sesión de Maxia e Ilusionismo a cargo do mago Senín na aula de usos múltiples. Esta actividade está organizada polo departamento de actividades extraescolares.

Os alumnos os que vai dirixida son os alumnos de 1º do ciclo de Actividades físicas e deportivas e os alumnos de 1º ESO en 2 sesións: de 8:30-10:10 e de 12:20 a 14:00 horas.

Senín Díaz Mon, natural de Burela e ex-alumno do noso centro. O seu blog é: http://magopimagosenin.blogspot.com.es/

 

 

V Carreira Gotas para Níxer

A carreira solidaria “ Gotas par Níxer “ é unha actividade de celebración e conmemoración do Día interancional da auga, organizada pola UNICEF e na que participa o Concello de Burela, e a través del este centro educativo, que ten como obxectivo, combatir a falta de ácceso á auga neste país africano, onde somentes o 42% da población pode dispoñer deste recurso.
UNICEF España organiza cada año carreiras solidarias nos concellos que secundan a iniciativa, entre eles o de Burela, co obxectivo de acadar fondos que permitan escolarizar a un millón de nen@s do devandito país, a través da participación na carreira e da compra dun dorsal solidario ( €1.00 ) que permite a participación na mesma.


Neste curso participamos preto de 150 alumn@s e profesor@s deste centro (alumnado de 1º e 2º ESO, Ciclos formativos) o venres 19 de abril.

http://www.enredate.org/gotas

 

   

Carta de agradecemento enviada ó noso centro.

Exposición IMAXIÑA 2012

Exposición dos traballos máis significativos realizados por alumnado dos IES da Mariña que participaron no concurso "IMAXIÑA 2012" na entrada do instituto do venres 12 de abril ata o 4 de maio.

 

Charla-coloquio Daniel Ladra

O mércores 10 de abril os alumnos de 1º ciclo superior de animación de actividades físicas e deportivas asistiron a unha charla-conferencia de Daniel Ladra (técnico do Baku United da 1º división inglesa de fútbol sala) que estivo acompañado por Bruno Girón (alumno do ciclo de AAFD do noso centro) e Quique Salgado (xogador do Baku United de fútbol sala).

Esta actividade está organizada polo departamento de Actividades Físicas.

Distribuir contido