Información de interese

Información Centro Admisión 2020 - 21

Probas de acceso ciclos formativos 2020

Orde pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2020.

Prazos de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 2 e 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 10 e 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos.

Calendario das probas de acceso.

 

Premios "desafío STEM: impresión 3D"

O IES Monte Castelo acaba de recibir un premio de innovación educativa polo proxecto realizado co alumnado de 1º Bacharelato na materia de tecnoloxía industrial I.

O proxecto premiado é  "PEZAS DE XADREZ", estas pezas foron deseñadas polo alumnado de 1º BAC do curso pasado (2018/2019) coa profesora de Tecnoloxía industrial I, Loli Rivero. Posteriormente foron dixitalizados  e impresos na impresora 3D do centro.

Agradecemos tamén a colaboración do profesor de debuxo técnico I, Antonio Porto.

Con este proxecto optouse a categoría de STEM afondamento: desafío impresión 3D.

Enlace ao Blog de tecnoloxía

Enlace á resolución

                 

 

                    

Novidades ABAU 2019/20

PROGRAMA INICIO DE CURSO 2019-2020

Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde o día 3 ás 9:00 horas ata o día 27 de setembro ás 13:00 horas.

Prazos de matrícula extraordinaria no Centro

Matrícula de ensino ordinario:

  • 1º e 2º ESO, xoves 5 de setembro de 16:15 h a 18:15 h.
  • 3º e 4º ESO, xoves 5 de setembro de 9:15 h a 13:30 h.
  • 1º e 2º BAC, venres 6 de setembro de 9:15h a 13:30 h.

Matrícula de adultos en horario de 9:15 h a 13:30 h.

  • ESA dende o 3 de setembro ata o 13 de setembro.
  • BAC adultos, dende o 10 de setembro ata o 24 de setembro.

Matrícula de ciclos formativos segundo os prazos que aparecen na web de FP da consellería de educación, universidade e formación profesional.

Periodo Extraordinario de Admisión Ciclos Formativos Grao Medio

Para obter prazas en ciclos formativos neste periodo extraordinario debese seguir o seguinte procedemento:

Solicitude: do 2 ao 10 de setembro ás 13h

 

A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web. Logo de realizada, a aplicación informática emite un impreso de solicitude e indícache se debes presentalo na secretaría dun centro de secundaria e qué documentación terás que achegar. Para realizar a solicitude web accede á aplicación en liña e ás instrucións.

  • Listaxe provisional de solicitudes: día 12 de setembro (establécese un prazo de reclamacións do 12 ao 16 ás 13h)
  • Listaxe definitiva de solicitudes: día 18 de setembro
  • Listaxe da 2ª adxudicación: día 18 de setembro

Matrícula ou renuncia á praza: do 18 ao 20 de setembro

 

As persoas con prazas adxudicadas deberanse matricular no prazo abranquido desde o día 18 ao 20 de setembro ás 13h, para matricularte ou renunciar á praza co fin de seguir optando ás que solicitache con maior preferencia.

 

No portal de FP da Consellería de Educación podes consultar a información xeral sobre o proceso de admisión.

No portal da Xunta

 

Ciclos Formativos de Formación Profesional

Ciclos formativos de FP que se realizan no IES Monte Castelo. Burela.

Ciclos formativos de grado medio:

Ciclos formativos de grado superior

Admisión Ciclos formativos. Matrícula

Publicadas as listaxes de ciclos con prazas vacantes liberadas.

Oferta de Ciclos Formativos do IES Monte Castelo

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde o día 17 ás 9:00 horas ata o día 23 de xullo ás 13:00 horas. Abrirase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.

Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o anexo I.

Para solicitar a matrícula en módulos do réxime para as persoas adultas con prazas liberadas empregarase o anexo II.

A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.

Réxime ordinario

 

Réxime para as persoas adultas

Modalidade presencial

Distribuir contido