VISITA DO ALUMNADO DE 2º DE CSEAS AO "CENTRO COIDANDO DE VÓS"

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O alumnado de 2º de CSCEAS volveu ao centro de día Coidando de Vos de Burela para desenvolver outra sesión de tipo práctico.

Dividiron a sesión en 2 partes:

1ª. XIMNASIA DE MANTEMENTO:
Cada un dos alumnos foron participandfo como monitores facendo os exercicios que xa tiñamos preparados. O resto do alumnado asistía aos usuarios con maiores limitacións de mobilidade e/ou coordinación.
A actividade foi todo un éxito, tanto a nivel de partiicipación como de implicación.

2ª. MÉTODO BAPNE: adaptamos o método bapne a persoas maiores. Consistiu nunha progresión de exercicios de percusión corporal empregando palmadas e pasos. Primeiro creando nos o propio ritmo primeiro coas mans, despois cos pes e finalmente con mans e pes simultaneamente. Unha vez asimilado o ritmo tratamos de que os usuarios se adaptaran a un ritmo externo (un par de cancións típicas). Deste xeito fomos rematando nunha coreografia grupal na que interactuamos monitores e usuarios creando unha atmósfera amigable e moi positiva que nos levou a rematar bailando en parellas como se dunha pista de baile se tratase.

Acadamos os obxectivos que tiñamos marcados:
- Conseguir altos niveis de participación por parte dos ususarios
- Realizar exercicios adaptados as suas necesidades específicas,l considerando posibles adaptacións individuais.
- Poñer en práctica diferentes exercicios para a mellora da mobilidade, forza, axilidade, coordinación e equilibrio.
- Potenciar as relacións sociais a través de actividades cooperativas e a música.

A experiencia foi moi positiva. O profesor Benxa Soto organizou esta actividade e as outras que se fixeron no mesmo centro.