3º A GRUPO GAÑADOR PARCIAL DA LIGA DE CONVIVENCIA

 

Vense de pechar a III Liga de Convivencia do IES Monte Castelo, un concurso para os grupos da ESO

onde se premian valores como o respecto polos demais e a integración.

 

 

Nesta ocasión o gañador foi 3º ESO A, grupo que se mantivo en cabeza desde o comezo da

competición.

 

 

 

Desde a comunidade educativa queremos felicitar aos campións e estender os parabéns a todo o

alumnado que, neste ano tan complicado, fixo todo o posible por adaptarse ás normas dos

protocolos COVID logrando crear entre todos un entorno seguro fronte a pandemia.

 

 

 

PARABENS!